ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo municipal de Soutomaior

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36053.AM.SOU.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Soutomaior

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Soutomaior

Área de contacto

Arquivo municipal de Soutomaior

  • Enderezo Enderezo (rúa) Alexandre Bóveda, nº 8 Localidade Soutomaior Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36691

Patricia Bouzón Rodríguez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Alexandre Bóveda, nº 8 Localidade Soutomaior Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36691

Área de descrición

  • Historia Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago. A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas. No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día. A casa do concello sitúase na parroquia de Soutomaior; é un edificio de pedra, construído no ano 1950, remozado interiormente en varias ocasións e sometido recentemente a unha ampliación lateral na procura de novos espazos para a colocación dos diferentes servizos municipais. Ata esta ampliación contaba con baixo, primeira planta e aproveitamento baixo cuberta e presenta como característica máis reseñable un bloque central, lixeiramente resaltado na fachada e que se desenvolve en altura, formando unha torre que rompe a horizontalidade do edificio. O arquivo, logo de varias localizacións ó longo dos últimos anos, fora disposto nas anteriores reformas na estructura baixo a cuberta do edificio, ocupando parte dela. Son dúas salas ás que se accede por escaleira metálica en forma de caracol dende as oficinas; estas salas dedícanse á consulta e tratamento documental, dispóndose a ambos lados da torre central. Contan cun total de 40 metros cadrados de superficie útil, cunhas adecuadas medidas de illamento, ventilación natural controlada e con aceptables condicións de habitabilidade. Estas salas foron dotadas de estantería metálica ranurada, cun total de 120 metros lineais útiles para a colocación de fondo documental existente; ademais conta con medidas de seguridade contra roubo e incendios. A carencia espacial obriga a buscar novas alternativas espaciais para a custodia documental, polo que se destina para este fin unha pequena sala rectangular sala na planta baixa da ampliación lateral, dotándoa de estantería compactada. O primeiro proceso de organización da documentación levouse a cabo en 1987, dispoñéndose naquel entonces un local para a súa colocación e conservación na planta baixa da casa do concello. A remodelación posterior do edificio fixo necesario o traslado da documentación a un edificio próximo ata a súa colocación no local actual, que se levou a cabo no ano 1991, acometéndose entonces a reincorporación da documentación producida nos últimos anos. Por mor da insuficiencia espacial do local preveuse na ampliación da casa do concello un novo local para o arquivo que complementa ós anteriores, no que en 2007 instalouse a documentación logo da súa reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado nos arquivos municipais da provincia e procedeuse á informatización dos instrumentos de descrición. Dirección técnica: Miguel Pereira Figueroa José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Traballos de organización e descrición documental: José Luis Castro Carpintero Nuria Vázquez Gutiérrez María Jesús Fernández Bascuas Montserrat Fernández Vázquez Manuela González Rey Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Leonor Rey Rey María del Carmen Fariña Fernández Marta Lucio Gómez Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Soutomaior -Alexandre Bóveda, 8. 36691 Soutomaior

  • Fondos Arquivo municipal de Soutomaior

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal del Ayuntamiento de Soutomaior”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 16.- D.L. PO-110-92 ISBN 84-86845-85-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Soutomaior e Fornelos" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 6, pags 147-159 *”Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local”/ Jose Luís Obelleiro Piñón.- Pontevedra: Deputación, 1994

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos