ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo municipal de Forcarei

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36018.AM.FORC.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Forcarei

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Forcarei

Área de contacto

Arquivo municipal de Forcarei

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Igrexa, nº 1 Localidade Forcarei Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36550

Maria del Carmen Mato Cachafeiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Igrexa, nº1 Localidade Forcarei Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36550

Área de descrición

  • Historia No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello. Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras. Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862. A actual casa do concello é unha moderna construcción que se rematou en 1980; organizada en catro volumes de diferentes alturas, integrouse no contorno dunha ampla praza, tomando como material principal formigón armado, estructuras metálicas e abundante acristalamento. Dentro desta mostra de construcción civil contemporánea a maior parte das oficinas e o un dos locais do propio arquivo atópanse na planta baixa, nunha situación idónea que permite o seu uso frecuente. Na actualidade o arquivo doisponse en dous locais. O local dedicado a arquivo da planta baixa ten forma rectangular, con ventilación e iluminación suficientes, contando coas adecuadas condicións de habitabilidade e cos equipamentos necesarios para as súas funcións de conservación e información documental.O local dispon dun total de trinta e oito metros cadrados nos que se instalou recentemente estantería metálica compactada na procura dun maior aproveitamento espacial posible. A insuficiencia do espazo obrigou a habilitar un novo local na segunda planta, nunha ampla sala rectangular, con acceso dende a escalinata exterior da parte traseira do edificio. Nesta dependencia instalaronse estanterías metálicas nas que se dispuxo a documentación xa organizada. A primeira actuación do Servizo Técnico do Patrimonio Documental no arquivo do Concello de Forcarei desenvolveuse en 1991, conseguíndose centralizala documentación nun só local e a instalación e disposición para a súa adecuada conservación e manexo. En sucesivas etapas, nos anos 1992, 1996, 1998, 2005, 2009 e 2012 levouse a cabo a adaptación ó novo cadro proposta a nivel nacional para organizar arquivos municipais, a incorporación de novos fondos documentais e a informatización dos instrumentos de descrición. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Edelmira Cortegoso Graña María del Carmen Fariña Fernández Josefa Fernández Ayuso Manuela González Rey Francisco José Orge Ventín Lara María Moldes González María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso María Torres Hermida Carmen Touzón Fernández María Díaz Rey Alberto Aramburu García-Pintos Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes. Forman o concello actualmente un total de 13 parroquias: Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras, Quintillán e Ventoxo.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Forcarei -Praza da Igrexa,1 36550

  • Fondos Arquivo municipal de Forcarei

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Forcarei”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 18.-D.L. PO-108-00 ISBN: 84-8457-013-4 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos