Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de identificación
Identificador ES.GA.36059.AM.VILCRU.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Vila de Cruces
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de contacto
Arquivo municipal de Vila de Cruces
Enderezo Enderezo (rúa) Praza Juan Carlos I, nº 1 Localidade Vila de Cruces Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36590
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944. A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e dúas plantas, rematado no ano 1997 xunto cunha praza remozada a carón da anterior sede municipal. Destaca especialmente a gran cantidade de vans, en aluminio verde, e a balconada central. O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto, adicado ata entón a garaxe, logo do seu traslado dende o espacio que viña ocupando na ala dereita do segundo piso, pasando a ocupar un espacio inicialmente non previsto para este fin e cunhas deficientes condicións de luminosidade e ventilación. Presenta unha forma rectangular con preto de corenta e cinco metros cadrados de superficie total. Conta con mesa de consulta, ficheiro e estantes metálicos, cun total de 204 metros lineais útiles, dos que quedan libres para posteriores incorporacións un total de corenta e oito metros lineais. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, o último dos arquivos municipais da comarca do Deza organizados, realizándose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1995, 1998, 2000, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luís Castro Carpintero Fé Cortiñas Rodríguez Inés Pájaro Porral Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Dolores Poch Mariño Isabel Revenga Portela Montserrat Romero Alonso Mercedes Estévez Ogando María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos María de los Ángeles Vázquez Martínez Jorge García García José Gago García-Bravo Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Paula Boullosa Rodríguez Rita María Fernández Domínguez María del Mar Lemiña Lemus Ángela López Prieto
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Vila de Cruces -Praza Juan Carlos I, 1. 36590 Vila de Cruces
Fondos Arquivo municipal de Vila de Cruces
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións * ““Inventario arquivo do concello de Vila de Cruces””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 23.- D.L. D.L. PO-413-00 ISBN 84-8457-031-2 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 ”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.- Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429. ”Creación e evolución do concello de Vila de Cruces: séculos XVIII-XX”/ María Isabel Revenga Portela, María Dolores Poch Mariño. PONTENOVA. Revista de novos investigadores. Nº 1, pgs 69-78.
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude.
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos