ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.601
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.666

Arquivo municipal de Mondariz

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36030.AM.MON.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Mondariz

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Mondariz

Área de contacto

Arquivo municipal de Mondariz

  • Enderezo Enderezo (rúa) Merouces, nº 16 Localidade Mondariz Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36870

Área de descrición

  • Historia As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924. A casa do concello de Mondariz é unha edificación exenta, de recente construcción, integrada nunha fermosa superficie axardinada dentro do núcleo urbano. Destaca pola súa horizontalidade e a grande superficie acristalada, seguindo a tradición das galerías, que se completa cun lucernario central sobre as escaleiras de acceso á planta alta, producindo todo iso unha considerable iluminación natural no interior do edificio. O arquivo dispuxo de diferentes ubicacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, logo da oportuna reforma e adecuación un local de máis de cincuenta e cinco metros cadrados no soto da casa do concello, antes dedicada na súa totalidade a garaxe e almacén municipal. Dispón este local dunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade, con ventilación e iluminación natural, sistemas de control da humidade e espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo. Para levar á cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, disposta segundo se amosa no plano adxunto, suficientes para o fondo documental actual. Dispón ademais de moble ficheiro metálico para a consulta do catálogo do propio arquivo. O fondo documental producido polo Concello de Mondariz no decurso da súa actividade ó longo destes anos, e que aínda se conservaba, recibiu nos anos 1986-1987 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servizo Técnico do Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra. Daquela, conseguiríase centralizar no local destinado a arquivo a totalidade dos fondos existentes, dispersos e carentes da axeitada organización. Ademais da clasificación e ordenación da documentación, procedeuse a elaboralos instrumentos necesarios para o seu control e manexo, tanto en soporte tradicional como informatizado. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de incorporación da documentación, reconversión técnica, de acordo co novo cadro de clasificación establecido a nivel nacional para o conxunto dos arquivos municipais e informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 1987, 1994, 1999, 2003, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña Ana María Álvarez Villar José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Manuela González Rey María Dolores Pereira Oliveira Carlos Pérez Guisado Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Daniel Rodríguez Menéndez Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Isabel Couso Bravo Carmen Touzón Fernández María del Carmen Martín Regueira Iria Chaves Moledo Mónica Núñez Carro Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Mondariz -Merouces,16. 36870 Mondariz

  • Fondos Arquivo municipal de Mondariz

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Mondariz”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 1 D.L. PO-126-96 ISBN 84-88363-66-4 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 ""Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo..- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 .*”Mondariz. Historia, guía y hechos pasados”/ José Guisado Nogueira.-Pontevedra: Deputación, 1990.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos