ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Arquivo municipal das Neves

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36034.AM.NEV.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal das Neves

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal das Neves

Área de contacto

Arquivo municipal das Neves

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Cristiandade, s/n Localidade As Neves Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36440

Concepción Eulalia Solano de Eyto

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Cristiandade, s/n Localidade As Neves Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36440

Área de descrición

  • Historia Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia de As Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva. O arquivo municipal encóntrase na casa do concello, edificio singular en granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remozado no periodo comprendido entre 1985 e 1992. O local adicado específicamente á conservación do volume documental existente disponse no semisótano da casa do concello, con acceso dende o exterior e anexo á biblioteca municipal, ocupando na actualidade tres salas. Nestas instalacións leváronse a cabo no seu día obras para mellora-las condicións de habitabilidade, espacio, iluminación e ventilación, así como da seguridade necesaria para a axeitada conservación documental. De todo elo resultan tres salas rectangulares, con forma alongada, duns 70 metros cadrados de superficie, cunha altura próxima ós tres metros e medio, remozadas na súa totalidade, nas que se forn dispondo según o foi requerindo a capacidade de almacenamento a estanteria metálica na que ubica-las unidades de instalación. Contan ademáis estes locais con deshumidificador, ficheiro e mesa de consulta e traballo. O proceso de organización dos fondos documentais conservados no arquivo municipal das Neves por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental iniciase por vez primeira no ano 1990, sobre unha documentación parcialmente organizada pero carente de instrumentos de descrición e cun nivel de conservación aceptable. A partires desta actuación desenvolveronse sucesivos procesos de actualización e reincorporación documental, así como a adaptación ó novo cadro de clasificación adoptado a nivel nacional nos últimos anos e a informatización dos instumentos de descrición, nos anos 1992, 1994, 1998, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Paula Fernández Bañuelos Carmen Touzón Fernández Roxelio Guillerme Pérez Agulla Begoña Pérez Losada Montserrat Romero Alonso Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Couso Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo Paula Boullosa Rodríguez Diego González Gómez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello das Neves enclábase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 kilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias: San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, Liñares, As Neves, Rubiós, Setados, Taboexa, Tortoreos, Vide e San Cibrán, San Xosé e Santiago de Ribarteme.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal das Neves -Praza da Cristiandade, s/n. 36440 As Neves

  • Fondos Arquivo municipal das Neves

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello de As Neves””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 12.- D.L. PO-31-00 ISBN: 84-89690-91-X "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260. *"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos