ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Arquivo municipal de Meaño

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36027.AM.MEA.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Meaño

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Meaño

Área de contacto

Arquivo municipal de Meaño

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Campo da Feira nº 1 Localidade Meaño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36968

Pastora Castro Lema

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Campo da Feira nº 1 Localidade Meaño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36968

Área de descrición

  • Historia O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés. Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes. Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais dos anos setenta, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, amplo espacio no que se situou no seu día, trala oportuna reforma e adaptación, o arquivo municipal, con acceso directo dende as oficinas municipais. Unha posterior reforma modificou a estructura da segunda planta, habilitando espazos para oficiñas e unha sala cuadrangular específica para o arquivo. No ano 2012 habilitouse un novo local no semisoto da casa do concello, con estantería compactada, para complementar as instalacións existentes e dispor noesmo a documentación máis recente. . O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1997, 1998, 2002, 2005, 2007, 2009, 2012 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo María Jesús Cuesta de Pedro Pilar Gil Romero María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Francisco Redondo Abal Carmen Touzón Fernández María José Villanueva Viñas María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Isabel Couso Bravo Francisco Orge Ventín Antón Ulla Cobián Alberto Aramburu García-Pintos

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio. No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Meaño -As Covas, 20. 36968 Meaño

  • Fondos Arquivo municipal de Meaño

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Meaño” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 20 D.L. PO-410-00 ISBN: 84-8457-027-4 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude.

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos