Arquivo municipal de Barro
Área de identificación
Identificador ES.GA.36002.AM.BAR.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Barro
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Barro
Área de contacto
Arquivo municipal de Barro
Enderezo Enderezo (rúa) Santo Antoniño 11, Perdecanai Localidade Barro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36194
Serafín Abal Novoa
Enderezo Enderezo (rúa) Santo Antoniño 11, Perdecanai Localidade Barro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36194
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de mediados do século XX, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, situada a carón da estrada N-550 que vai de Santiago a Tui.
Destaca nesta edificación o desenvolvemento da fachada principal na súa zona central, cunha pronunciada caída do teito cara ós laterais.
O local do arquivo municipal situábase inicialmente na baixo cuberta ata o recente traslado a un amplo local, habilitado para o efecto, situado no semisoto da casa do concello, con acceso directo dende a planta baixa, dedicada ás oficinas municipais.
É unha ampla sala cuadrangular con algo máis de corenta e cinco metros cadrados, dotada dun pequeno ventanal; nela instaláronse inicialmente preto de noventa metros lineais de estantes de madeira colocados en obra bordeando a sala, que foron complementados nunha posterior ampliación cunha estantería central metálica de vinte e cinco metros lineais, resultando todos eles, suficientes para os fondos existentes.
Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, renovada instalación eléctrica e un aparato deshumidificador para regular a humidade ambiental.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1992, acometéndose dende entón actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1999, 2002, 2005, 2007, 2008 e 2010, incluída a mellora e traslado de local.
Os traballos de organización e descrición documental baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Isabel Balchada Bermúdez
José Luis Castro Carpintero
María Jesús Cuesta de Pedro
Vicente García Romero
Lara María Moldes González
Manuela González Rey
Mónica Núñez Carro
Cristina Peleteiro Gallego
Rosa Pérez Diz
María Puig Pérez-Quevedo
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
María Torres Hermida
Carmen Touzón Fernández
Ángela Garra Oubiña
Ángela Garra Oubiña
María Lede Pérez Aída María Pérez Martínez
Alberto Aramburu García-Pintos
Javier López SáezContexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses.
A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).
Outras normas relativas ao Réxime Local son:
O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.
En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de GaliciaEstrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Barro
-San Antoniño. Perdecanai, 1. 36194 BarroFondos Arquivo municipal de Barro
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario arquivo do concello de Barro”.-Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 24.-D.L. PO-414-00 ISBN: 84-8457-032-0 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos