ATOPO
Rexistros actuais: 1.285.497
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.455

Arquivo municipal de Catoira

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36010.AM.CAT.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Catoira

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Catoira

Área de contacto

Arquivo municipal de Catoira

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa do Concello, nº 6 Localidade Catoira Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36612

María Dolores Ferreirós Loureiro

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa do Concello, nº 6 Localidade Catoira Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36612

Área de descrición

  • Historia En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdicción de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello. O edificio da casa do concello é unha construcción sinxela do ano 1933, exenta e distribuída en soto, baixo, planta e baixo cuberta, que ten a función de casa do concello dende 1955. Sufriu unha ampliación cara a atrás no ano 1986 para alberga-lo salón de sesións e outras dependencias que permitise acolle-los crecentes servizos que vén prestando esta institución. O arquivo distribuíase en dúas salas próximas e intercomunicadas entre si no baixo cuberta da casa do concello; ámbalas salas similares, ocupando un total de 48 metros cadrados, con doce metros de longo e oito de ancho; o teito ten forma de bufarda permitindo o uso e cómodo acceso á práctica totalidade da sala. A falta de espazo neste local conlevou o traslado da documentación a un novo local habilitado na segunda plata do edificio "Felipe Aragunde", con más de 60 metros cadrados. Disponse o arquivo en tres habitacións, con outra sala destinada a zona de traballo e consulta; dispoñen as intalacións dos equipamentos necesarios para a súa función, ventilación e iluminación natural así como medios de regulación da calidade ambiental. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade incluída á mellora do local, nos anos 1996, 1998, 2001, 2004,2006, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Elena Garnelo Mariñas Marta López Francisco José Ramón Pérez Calvelo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Alfonso Ferreiro Monteagudo María Torres Hermida María del Carmen Fariña Fernández María de los Ángeles Vázquez Martínez Ángela Garra Oubiña Mónica Núñez Carro Jacobo Domínguez Pedreira Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo Diego González Gómez Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez Lorena García Nóvoa Sabela Vázquez Díaz

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Catoira -Rúa do Concello, 6. 36612 Catoira -Rúa Aldea Trasdaveiga

  • Fondos Arquivo municipal de Catoira

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Catoira”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 9.- D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: María Dolores Ferreirós Loureiro

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos