ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo municipal de Ribadumia

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36046.AM.RIB.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Ribadumia

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Ribadumia

Área de contacto

Arquivo municipal de Ribadumia

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Ribadumia, 3 Localidade Ribadumia Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36636

María José Miniño Fariña

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Ribadumia, 3 Localidade Ribadumia Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36636

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro. Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación en pedra con baixo e planta, construída en 1963 e recentemente ampliada lateralmente, de muros sólidos e con profusión de vans, na que destaca a existencia da torre, hoxe en día central, como elemento sobresaínte. A falla de planificación dun espacio específico para a conservación da documentación a producir deriva na busca de solucións provisionais, condicionadas pola estructura do edificio; neste caso habilitouse na antedita torre, unha sala cadrada de vintecinco metros cadrados, con ventilación e iluminación natural, na que se instalaron os equipamentos necesarios de estantes metálicos, ficheiro, mesa de consulta e deshumidificador. Co paso dos anos e a necesidade de dispor dun espacio suficiente para a conservación dos fondos que se ían producindo houbo que usar ademais o corredor de acceso a esta sala e completa-lo volume de estantes no centro do local principal. Na actualidade habilitouse un local no soto da Casa de Cultura para conservación dunha parte da documentación do arquivo, dotado de estantería metálica, procedéndose o traslado de parte dos fondos, quedando na casa do concello a documentación máis recente e de maior uso administrativo. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1986, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1987,1991, 1997, 2001, 2004, 2005, 2007, 2011 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo María del Carmen Fariña Fernández Marta Lucio Gómez Manuela González Rey Estrella Omil Ignacio José Ramón Pérez Calvelo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María José Villanueva Viñas Alberto Aramburu García-Pintos Antón Ulla Cobián

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Ribadumia - Avenida de Ribadumia, s/n. 36636 Ribadumia - Rúa Párroco Valiñas s/n

  • Fondos Arquivo municipal de Ribadumia

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal del Ayuntamiento de Ribadumia”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, , nº 11 D.L. PO-205-90 ISBN: 84-86845-48-3 “Inventario arquivo do concello de Ribaddumia”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 35 D.L. PO-615-01 ISBN: 84-8457-085-1 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Ribadumia: ciento cincuenta años de historia"/ Víctor Viana Martínez, Xosé Lois Vila Fariña Ribadumia: Concello, 1992.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos