Fondos
Arquivo municipal de Ponteareas
Área de identificación
Identificador ES.GA.36042.AM.PONARE.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Ponteareas
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Ponteareas
Área de contacto
Arquivo municipal de Ponteareas
Enderezo Enderezo (rúa) Xardíns Rodrigo Sabell, s/n Localidade Ponteareas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680
Antonio José Groba Diéguez
Enderezo Enderezo (rúa) Xardíns Rodrigo Sabell, s/n Localidade Ponteareas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica. A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación en pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento nalgunhas zonas, como as que albergan o arquivo municipal. Presenta un clásico estilo ecléctico e decimonónico, con amplas escalinatas e grandes espacios abertos, que condicionan o seu uso actual. O local do arquivo, que nos inicios dos procesos de organización ocupaba o baixo cuberta, foi trasladado a dous espacios secundarios a cadanseu lado da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello. Son un total de cincuenta e seis metros cadrados, que foron dotados dos equipamentos necesarios para a súa función, con accesos dificultosos e que na actualidade presentan problemas para seguir albergando novas transferencias documentais, o que conlevará a busca de solucións nun futuro inmediato. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1986, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade nos anos 1990, 1995, 1999, 2004 e 2009. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Manuel Couto Nogueira Paula Fernández Bañuelos Esther Fernández Pérez Antonio José Groba Diéguez Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Rafael Sánchez Bargiela Irene Tapia Pena
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos. Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Ponteareas -Xardíns Rodrigo Sabell, s/n. 36680
Fondos Arquivo municipal de Ponteareas
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Ponteareas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 14 *“Inventario Archivo Municipal de Ponteareas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 55 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990) ""Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo..- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.-Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas.-Tomo I, pgs. 233-246. *"Historia de Puenteareas"/ Mariano Piñeiro Groba, Clodio González Pérez.- Ponteareas: Centro Cultural Municipal, 1983
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Antonio José Groba Diéguez
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos