Arquivo municipal de Ponteareas
Área de identificación
- Identificador ES.GA.36042.AM.PONARE. 
- Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Ponteareas 
- Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Ponteareas 
Área de contacto
Arquivo municipal de Ponteareas
- Enderezo Enderezo (rúa) Xardíns Rodrigo Sabell, s/n Localidade Ponteareas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680 
Antonio José Groba Diéguez
- Enderezo Enderezo (rúa) Xardíns Rodrigo Sabell, s/n Localidade Ponteareas Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680 
Área de descrición
- Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. 
 Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estructura e delimitación xeográfica.
 A casa do concello, construída en 1898, é unha edificación en pedra, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. A notable altura de cada planta permite o dobre aproveitamento nalgunhas zonas, como as que albergan o arquivo municipal.
 Presenta un clásico estilo ecléctico e decimonónico, con amplas escalinatas e grandes espacios abertos, que condicionan o seu uso actual.
 O local do arquivo, que nos inicios dos procesos de organización ocupaba o baixo cuberta, foi trasladado a dous espacios secundarios a cadanseu lado da escaleira principal, na entreplanta do baixo do concello.
 Son un total de cincuenta e seis metros cadrados, que foron dotados dos equipamentos necesarios para a súa función, con accesos dificultosos e que na actualidade presentan problemas para seguir albergando novas transferencias documentais, o que conlevará a busca de solucións nun futuro inmediato.
 A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1986, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade nos anos 1990, 1995, 1999, 2004 e 2009.
 Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
 José Luis Castro Carpintero
 Manuel Couto Nogueira
 Paula Fernández Bañuelos
 Esther Fernández Pérez
 Antonio José Groba Diéguez
 Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
 Rafael Sánchez Bargiela
 Irene Tapia Pena
- Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Porriño e Mos. Ocupa unha superficie de cento dezaoito quilómetros cadrados, con duascentas vinte entidades de poboación dispersas nas súas vintecatro parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen case que vinte mil habitantes. 
- Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. 
 A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
 O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
 O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
 O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).
 Outras normas relativas ao Réxime Local son:
 O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
 O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
 O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
 Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
 O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.
 En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
- Estrutura administrativa 
- Xestión de documentos e política de ingresos 
- Edificio(s) Arquivo municipal de Ponteareas 
 -Xardíns Rodrigo Sabell, s/n. 36680
- Fondos Arquivo municipal de Ponteareas 
- Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Ponteareas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 14 *“Inventario Archivo Municipal de Ponteareas” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 55 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990) ""Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo..- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.-Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas.-Tomo I, pgs. 233-246. *"Historia de Puenteareas"/ Mariano Piñeiro Groba, Clodio González Pérez.- Ponteareas: Centro Cultural Municipal, 1983 
Área de acceso
- Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello 
- Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Antonio José Groba Diéguez 
- Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude 
Área de servizos
- Servizos de axuda á investigación 
- Servizos de reprodución 
- Espazos públicos 
 
 