Fondos
Arquivo municipal de Meis
Área de identificación
Identificador ES.GA.36028.AM.MEI.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Meis
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Meis
Área de contacto
Arquivo municipal de Meis
Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Cambados, nº 67, O Mosteiro Localidade Meis Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36637
Área de descrición
Historia Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade. A casa do concello, reconstruída con posterioridade ó incendio sufrido en 1930 e modificada en 1973 e 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta. Recientemente remozado y reducida su superficie, ocupa un local cuadrangular, situado na ala dereita da planta baixa, con trinta metros cadrados de superficie e unha altura de tres metros e medio, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e boas condicións de ventilación e iluminación, proporcionadas por amplos ventanais. Dótase este local dos equipamentos necesarios para o almacenamento da documentación conservada, composto basicamente por estantería metálica compactada, mesa de traballo e consulta, ordenador e ficheiro metálico, todo disposto tal e como representa o plano. A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Meis asúmea o Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1986, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados. Con posterioridade desenvolvéronse outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1987, 1994, 1997, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo María Jesús Barral Varela Esther del Castillo Fondevila José Luis Castro Carpintero María del Carmen Fariña Fernández María Jesús Fernández Bascuas Montserrat Fernández Vázquez Manuela González Rey Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Leonor Rey Rey María Torres Hermida Jorge Abel Otero Lara María Moldes González Borja Mazaira Fernández Alfonso Ferreiro Monteagudo María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín Alberto Aramburu García-Pintos Iria Chaves Moledo Antón Ulla Cobián
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia, linda cos concellos de Vilanova de Arousa, Portas, Barro, Poio, Meaño e Ribadumia e está integrado no partido xudicial de Cambados. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias: A Armenteira, San Martiño e San Salvador de Meis, San Tomé, San Lourenzo e San Vicente de Nogueira e Paradela.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Meis -Avda. Cambados, 67, O Mosteiro 36637 Meis
Fondos Arquivo municipal de Meis
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Meis” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 12 *“Inventario Archivo Municipal de Meis” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 40 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude.
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos