ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.601
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.666

Arquivo municipal de Crecente

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36014.AM.CRE.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Crecente

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Crecente

Área de contacto

Arquivo municipal de Crecente

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Solís Ruiz, nº 5 Localidade Crecente Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36420

Área de descrición

  • Historia No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade. A actual casa do concello de Crecente resulta da reforma levada a cabo no ano 1950, na que se procedeu ó derribo da anterior e a levantar unha construcción con baixo e planta, en pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola de nenos e vivenda de mestres. Logo realizaríanse reformas nos anos 1961 e 1979 e finalmente na década dos noventa; foi nesta última cando se rehabilitou e acondicionou o espacio existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta na que están as dependencias municipais, tanto administrativas como a Alcaldía. Na planta baixa encóntrase hoxe a biblioteca municipal, o salón de sesións e o servizo de correos. Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas, a cada lado da escalinata de acceso, destinándose toda a zona dereita para o arquivo municipal. Resulta un local, distribuído en tres salas intercomunicadas, cunha superficie total superior ós sesenta metros cadrados. O local foi reformado na súa totalidade, dotado de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten a súa ventilación e iluminación natural regulada. Procedeuse á instalación dos elementos necesarios para dispor os fondos, con estantería suficiente, ademais de mesa de consulta e o correspondente ficheiro metálico. Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca do Paradanta, por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991. Dende entón téñense levado a cabo varias reincorporacións documentais, nos anos 1992, 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, na procura da súa actualización e adaptación ó sistema proposto a nivel nacional para a organización de arquivos municipais. Neste proceso acometeuse tamén a informatización dos seus instrumentos de descrición que permiten un axeitado manexo e accesibilidade a información contida neste arquivo. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Juan Lorenzo García Sánchez Manuela González Rey María del Coro Lomas Lara Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Jorge Vidal López Alberto Aramburu García-Pintos Isabel Couso Bravo Francisco José Orge Ventín Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Crecente -Rúa Solís Ruíz, 5. 36420 Crecente

  • Fondos Arquivo municipal de Crecente

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Crecente”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 15.- D.L. PO-105-00 ISBN: 84-8457-010-X "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos