ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.601
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.666

Arquivo municipal de Caldas de Reis

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36005.AM.CAL.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Caldas de Reis

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Caldas de Reis

Área de contacto

Arquivo municipal de Caldas de Reis

  • Enderezo Enderezo (rúa) Ferrería, nº 1 Localidade Caldas de Reis Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36650

Julio Domínguez Rey

  • Enderezo Enderezo (rúa) Ferrería, nº 1 Localidade Caldas de Reis Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36650

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios. Atópase o arquivo na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui e do río Umia. En todo caso o paso do tempo, a súa propia configuración e disposición motivan non poucas carencias entre as que se pode mencionar un espacio suficiente e axeitado para a conservación documental. Os locais dedicados a arquivo municipal son na actualidade dúas salas practicamente cadradas e anexas aínda que con acceso independente; sitúanse na planta baixa da ala dereita do edificio, bordeando o patio interior; a pesar de seren rebozadas para esta finalidade contan con notorias deficiencias tanto de superficie útil e habitabilidade como de espacio para traballo e consulta. Dispoñen dunha superficie total de trinta e oito metros cadrados, con ventilación e iluminación natural suficiente; nestes locais instaláronse no seu día estanterías metálicas para a disposición da totalidade da documentación conservada quedando case ocupada nesta última actuación. Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, disposta no corredor de acceso, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición e aparatos deshumidificadores para a regulación da humidade ambiental. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación nos anos 1990 e 1991,así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 2000, 2001, 2007, 2009 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María del Consuelo Amoedo Lorenzo Elena Carro Cruz César Manuel López Marras María Jesús Núñez Portela Begoña Pérez Losada Damián Porto Rico Carmen Touzón Fernández Teresa Túñez Landín Jacobo Domínguez Pedreira Alfonso Ferreiro Monteagudo Isabel Couso Bravo Mercedes Estévez Ogando Mónica Núñez Carro Iria Chaves Moledo Alberto Aramburu García-Pintos Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Caldas de Reis -Ferrería, 1. 36650 Caldas de Reis

  • Fondos Arquivo municipal de Caldas de Reis

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo municipal del Ayuntamiento de Caldas de Reis””.-Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 17.-D.L. PO-109-92 ISBN: 84-86845-86-6 * “Inventario arquivo do concello de Caldas de Reis".-Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 37.-D.L. PO-617-01 ISBN: 84-8457-087-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos