ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo municipal de Sanxenxo

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36051.AM.SAN

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Sanxenxo

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Sanxenxo

Área de contacto

Arquivo municipal de Sanxenxo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Consistorio, nº 4-6 Localidade Sanxenxo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36960

Susana Aguín Suárez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Consistorio, nº 4-6 Localidade Sanxenxo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36960

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción da Lanzada con señorío do arcebispo de Santiago na súa maior parte, compartido co duque de Patiño no caso de Vilalonga e con Juan Méndez no caso de Dorrón. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Cambados, chegaron a funcionar os concellos de Dorrón, Sanxenxo e Portonovo. No ano 1836 créase Sanxenxo como entidade local independente, coa configuración actual, que se mantén sen modificacións destacables agás a adscrición da illa de Ons ó concello de Bueu segregándoa do de Sanxenxo xa en 1844, a petición dos seus veciños e do marqués de Valladares daquela con señorío na illa. Ata a última actuación víñanse conservando estes fondos na torre da casa do concello, nunha terceira planta, con notables problemas de espacio e operatividade. Na última actuación o local do arquivo municipal foi trasladado ó baixo dun edificio próximo á casa do concello, procedendo á súa reforma e adecuación a esta nova finalidade a partir dunha concepción prioritaria de depósito documental do elevado número de unidades de instalación que se conservan. Ocupa unha gran sala rectangular cunha superficie superior ós cento vinte metros cadrados, no que se procedeu a instalar o maior número de estantería metálica posible, parcialmente compactada, cunha superficie útil total estimada superior ós oitocentos metros lineais, e habilitar unha pequena zona de traballo e consulta a carón da entrada ó local. Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, moderno equipamento informático e adecuadas condicións de habitabilidade, seguridade e de illamento. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e o traslado a un novo local, nos anos 1993, 2000, 2001, 2004, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín Alberto Aramburu García-Pintos José Luis Castro Carpintero César Manuel López Marras Jaime Moíño Vaamonde Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Iria Chaves Moledo Javier López Sáez Aída María Pérez Martínez Nos últimos anos o concello creou no seu cadro de persoal unha praza de arquiveiro.

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do municipio de Sanxenxo sitúase a carón da costa atlántica, no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Meaño, O Grove e Poio e coas rías de Pontevedra e de Arousa. Ocupa unha superficie total superior ós corenta e catro quilómetros cadrados con cento quince entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes de Reis, Noalla, Padriñán e Vilalonga, nas que residen algo máis de quince mil habitantes con carácter estable.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Sanxenxo -Rúa Consistorio, 4-6. 36960 Sanxenxo

  • Fondos Arquivo municipal de Sanxenxo

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Sanxenxo”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 28 D.L. PO-66-01 ISBN: 84-8457-053-3 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficina do concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude.

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos