ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Silleda

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36052.AM.SIL.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Silleda

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Silleda

Área de contacto

Arquivo municipal de Silleda

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Trasdeza, 55 Localidade Silleda Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36540

Área de descrición

  • Historia Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda. O arquivo municipal instalouse na planta baixo cuberta da propia casa do concello. Esta é unha sinxela edificación en pedra, situada no centro da vila á carón da estrada Santiago–Ourense, con baixo e planta, na que se instalan as oficinas e dependencias municipais e outros servizos do mesmo ámbito xeográfico coma o xulgado de paz. A estructura baixo cuberta ten o acceso mediante unha escaleira metálica interior dende a primeira planta, na que se atopan a maior parte das oficinas. Conta cunha superficie útil total de oitenta metros cadrados, divididos en múltiples habitáculos de escasas dimensións, condicionados pola estructura abufardada do conxunto. Do total da superficie da planta baixo cuberta unha zona está cedida ó xulgado de paz e outra dedicada a almacén dos materiais de oficina. Presenta en xeral este local, logo da última mellora, unhas aceptables condicións de habitabilidade e unha dotación de equipamentos suficiente para a instalación do fondo documental existente; en todo caso as deficiencia veñen da incomodidade do seu acceso e da excesiva parcelación interior do local. Combina na actualidade a estantería metálica e a de madeira, cun total de centro trinta metros lineais útiles. Conta con ficheiro pero carece de posibilidade de consulta no propio local. Este concello foi o primeiro da comarca do Deza no que se desenvolveron actuacións por parte do Servizo de Patrimonio Documental cara á organización do seu fondo documental. En 1988 levouse a cabo esta primeira organización, que se completaría máis recentemente, no ano 1995, cunha segunda fase tendente á reincorporación documental e á readaptación do proceso de clasificación adaptándose ó novo cadro de clasificación e a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1994, 1999 e 2003. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Josefa Piñón López María Jesús Abal Sabarís Juan Carlos Carballal Lata Ana María Casal Moreira Ana María Facal Meroñas Fernando de Frías Conde José Mario Gómez Penide José Ramón López Fernández Silvia Patiño Bouzas Inés Pájaro Porral José Luis Varela Ledo Jorge García García José Gago García-Brabo Alberto Aramburu García-Pintos

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Silleda -Rua Xeneral Franco,55. 36540 Silleda

  • Fondos Arquivo municipal de Silleda

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: ““Inventario arquivo do concello de Silleda””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 5.- "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 ”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.-Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos