ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo municipal de Tomiño

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36054.AM.TOM.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Tomiño

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Tomiño

Área de contacto

Arquivo municipal de Tomiño

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Seixo, nº 1 Localidade Tomiño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36740

Marta Vicente Estévez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Seixo, nº 1 Localidade Tomiño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36740

Área de descrición

  • Historia O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, Sobrada, Tomiño e Goián. Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas. Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado. Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836. O edificio da casa do concello é unha construcción sinxela en pedra, exenta, situada na parroquia e vila de Tomiño que se distribúe en baixo, planta e baixo cuberta; foi inaugurado en 1946 e recentemente ampliado. O arquivo municipal instalouse no seu día na planta baixo cuberta da casa do concello de Tomiño, nun local distribuído en dúas salas ó redor dunha zona central á que se accede por unha longa escaleira dende a planta principal. Ámbalas dúas salas son similares, formando xunto co espacio central unha zona rectangular de 19 metros de longo e 8,5 metros de ancho, cunha superficie total de 169 metros cadrados, dos que a maior parte se aproveita como espacio útil; o teito ten forma de bufarda permitindo o uso e cómodo acceso á práctica totalidade das salas. Este local foi reformado na súa totalidade e dotado no seu día, coincidindo co proceso de organización do fondo documental nos anos 1989-1991, duns axeitados e suficientes equipamentos, que incluían mesa de consulta, ficheiro e estantería metálica suficiente que alcanza os 192 metros lineais. A propia estructura e a insuficiencia espacial deste local fixo que na recente ampliación da casa do concello se habilitara outra pequena sala, na entreplanta, dotada á súa vez dos equipamentos necesarios e das axeitadas condicións de habitabilidade, agás a ventilación directa e luz natural. É intención e necesidade o traslado nun futuro inmediato ás novas instalacións que se habiliten ó efecto tendo en conta a insuficiencia espacial das actuais. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a ampliación dos locais nos anos 1990, 1991, 1997, 2001, 2003, 2007, 2009, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Roberto Rodríguez Álvarez José Luis Castro Carpintero Carla María Cociña Iglesias María Luz Justo Acevedo Xosé Luís Méndez Pérez Alfonso Parada Vilas Marcos Pereiras Álvarez Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Carmen Touzón Fernández Rubén Villar Fernández Isabel Couso Bravo Aída María Pérez Martínez Alberto Aramburu García-Pintos Javier López Sáez Lara Moldes González Miguel Martínez Puig

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Tomiño - Praza do Seixo, 1 36740 Tomiño - Colón, 2 36740 Tomiño

  • Fondos Arquivo municipal de Tomiño Arquivo da Irmandade de Labradores e Gandeiros de Tomiño

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Tomiño”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 10 D.L. PO-24-98 ISBN: 84-89690-30-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos