Arquivo municipal da Guarda
Área de identificación
Identificador ES.GA.36023.AM.GUA.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal da Guarda
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal da Guarda
Área de contacto
Arquivo municipal da Guarda
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do reloxo, 1 Localidade A Guarda Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36780
José Carlos Martínez Crespo
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do reloxo, 1 Localidade A Guarda Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36780
Área de descrición
Historia Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia. A casa do concello, perfectamente integrada no casco urbano da vila, é unha edificación alongada, con muros de pedra irregular e de labra, remozada toda ela recentemente e distribuída en dúas plantas cun parcial aproveitamento do soto. A súa distribución interior reservaba dúas áreas e varios espacios para ó arquivo municipal, pendente dunha localización centralizada e suficiente. Na actualidade ocupa o arquivo dúas pequenas salas no soto do edificio, unidas por unha zona común, cun total de vintecinco metros cadrados; foron no seu día dotadas de axeitadas condicións de habitabilidade e equipamentos suficientes que inclúen estantería metálica, mesa de consulta e aparato deshumidificador. Ante a manifesta insuficiencia espacial procedeuse á habilitación, inicialmente con carácter provisional, dun novo local de arquivo, logo da supresión do que, provisionalmente, se viña utilizando na planta baixa. Elixiuse para esto un local fóra da casa do concello -unha ampla sala rectangular na primeira planta da casa de cultura- que inicialmente comparte co depósito de fondos e materiais do Museo do Mar. Este novo local foi dotado en diferentes fases de estantería metálica e ficheiro. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local nos anos 1989, 1990, 1992, 1995, 1999, 2003, 2007, 2009 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Juan Carlos Carballal Lata Antonio Iglesias Pena José Martínez Crespo María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Luis Bustelo Rodríguez Roberto Rodríguez Álvarez Cristina Vilar Misa Alberto Aramburu García-Pintos Mónica Núñez Carro Iria Chaves Moledo Jacobo Domínguez Pedreira Miguel Martínez Puig Lara María Moldes González Aída María Pérez Martínez Javier López Sáez Alberto Moital Cerviño
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal da Guarda > Praza de España, 1. 36780 A Guarda
Fondos > Arquivo municipal da Guarda > Fondo Sociedade Pro-Monte Santa Trega > Coleccións Ficticias
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello da Guarda”” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 16.-D.L. PO-106-00 ISBN: 84-8457-011-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.-Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos