ATOPO
Rexistros actuais: 1.285.577
Obxectos dixitais dispoñibles: 428.507

Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36019.AM.FORN.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Fornelos de Montes

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contacto

Arquivo municipal de Fornelos de Montes

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Igrexa, nº 1 Localidade Fornelos de Montes Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36847

Vanesa Boullosa Peralba

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Igrexa, nº 1 Localidade Fornelos de Montes Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36847

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello. A casa do concello é un edificio exento en pedra, distribuído en baixo, planta e baixo cuberta, no que se dispón o salón de sesións. A parte central da fachada resáltase cunha balconada apoiada nunha triple arcada de medio punto. O arquivo municipal ocupa un pequeno local na ala esquerda da planta baixa, con planta cadrada e unha superficie total de doce metros cadrados, que serve de depósito ós fondos documentais nel conservados, con axeitadas condicións de habitabilidade e luminosidade e cos equipamentos suficientes para a súa función de depósito documental. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1991-1992, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora dos equipamentos do local, nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008,2009, 2010, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Ana Gesteira Ponce Beatriz Barciela Castrelos Pilar Lago González Sofía Matínez Araujo Ana Isabel Iglesias Fernández Alberto Aramburu García-Pintos Vanesa Boullosa Peralba

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Fornelos de Montes -Praza da Igrexa,1. 36847 Fornelos de Montes

  • Fondos Arquivo municipal de Fornelos de Montes

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: “Inventario arquivo do concello de Fornelos de Montes”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 50 .- D.L. PO-284-03 ISBN 84-8457-162-9 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Soutomaior e Fornelos" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 6, pags 147-159 *”Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local”/ Jose Luís Obelleiro Piñón.- Pontevedra: Deputación, 1994

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios municipais que comparten esta función con outras. A persoa de refencia sería: Vanesa Boullosa Peralba

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos