Arquivo municipal de Tui
Área de identificación
Identificador ES.GA.36055.TUI.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Tui
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Tui
Área de contacto
Arquivo municipal de Tui
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Concello, s/n Localidade Tui Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36700
Rafael Sánchez Bargiela
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Concello, s/n Localidade Tui Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36700
Área de descrición
Historia A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926. A casa do concello ubícase na parte alta da cidade, a carón da catedral, no medio do casco antigo. É unha edificación construída nos inicios dos anos cincuenta do século XX, cunha distribución orixinal, adaptándose ó térreno de semisoto, baixo e planta, na que destaca a balconada central e o remate en frontón. Nos últimos anos procedeuse a súa ampliación hacia atrás na procura de novos espazos para a ubicación das diferentesáreas municipais. O local do arquivo atópase no semisoto do edificio, con acceso dende as oficinas da ala esquerda, mediante unha ampla escalinata, e directamente dende o exterior. Contaba anteriormente cun total aproximado de cen metros cadrados, distribuídos en tres espazos útiles: no centro unha ampla sala distribuidor, con mesa para tráballo e consulta. Á dereita unha pequena sala, depósito de boletíns e fondos bibliográficose na parte esquerda un amplo e saturado depósito documental, con dúas alturas diferentes, separadas por unha arcada. A falta de espazo e a mellora das instalacións da casa do concello conlevan a procura duns novos polo que se dedican a arquivo dúas novas salas próximas, habilitando unha comunicación directa, que se destinan a deposito documental e sala de consulta respectivamente. Melloranse sensiblemente os equipamentos dos diferentes depósitos mediante a instalación de estantería compactada, con máis de 940 metros lineais, mobiliario de traballo, de consulta e aparatos deshumidificadores para o adecuado control ambiental. O conxunto documental conservado, agás da parte trasladada no seu día ó Arquivo Histórico Provincial, sufriu un proceso de organización e descrición por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental nos anos 1984, 1985, 1986 e 1987, de acordo co cadro de clasificación e tratamento técnico usado daquela. Recentemente nos anos 2005, 2006 e 2007 acometeuse un laborioso proceso de actualización e reorganización documental, incorporando os fondos producidos nos últimos anos, adaptando o proceso técnico ó novo cadro de clasificación e informatizando os instrumentos de descrición resultantes. Nestes procesos interviron: César Manuel López Marras, María Dolores Martínez Gamallo, Elisa Bugarín Pereira, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, María Torres Hermida, Elena Verdia Armada, Jorge Abel Otero, Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez, María Dolores Pereira Oliveira, Manuela González Rey, Lara María Moldes González, Borja Mazaira Fernández, Alfonso Ferreiro Monteagudo e Iria Chaves Moledo No último ano creouse a praza de arquiveiro-bibliotecario, posto ocupado por Rafael Sánchez Bargiela, que complementa o cadro de persoal deste servizo xunto coa auxiliar de arquivo e biblioteca María Dolores Martínez Gamallo, que desenvolve esta actividade dende anos atrás.
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Tui -Praza do Concello, s/n 36700 Tui
Fondos 1.-Fondo concello de Tui 2.-Fondo documental Cárcere do partido Xudicial de Tui
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * “Inventario archivo municipal del Ayuntamiento de Tui”.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 8 “Inventario arquivo do concello de Tui”.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 8 .- D.L. PO-8-90 ISBN: 84-86845-37-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos