ATOPO
Rexistros actuais: 1.630.721
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.885

Arquivo municipal de Redondela

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36045.AM.RED.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Redondela

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Redondela

Área de contacto

Arquivo municipal de Redondela

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Alfonso XII, nº 2 Localidade Redondela Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36800

Ana Gesteira Ponce

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Alfonso XII, nº 2 Localidade Redondela Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36800

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro.

    Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias.
    Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela no ano 1841.

    A casa do Concello de Redondela é un edificio exento, construído en pedra nos anos 1955-1958, con baixo e planta, no que resalta o torreón lateral da súa fachada principal.

    Na actualidade ocupa o Arquivo a parte traseira da planta baixa, logo da recente ampliación das instalacións adicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo conta con catro salas de depósito e unha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 metros cadrados.

    Neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a custodia da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de traballo e consulta, ficheiro e ordenador, e procedéndose a dispor en todolos depósitos estantería metálica compactada, suficiente para a instalación da documentación conservada na actualidade.

    A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1988, data a partir da cal se acometeron varios procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación, dotación e mellora dos equipamentos e do propio local, nos anos 1998 e 2002, nos que participaron, amén do propio persoal municipal adscrito a esta función: Beatriz Barciela Castrelos; José Luis Castro Carpintero; Ana Gesteira Ponce; Manuela González Rey; Susana Iglesias Pazo; Pilar Lago González; Maria Engracia Martínez Abal; José Martínez Crespo; Concepción Melero Fernández; Daniel Menéndez Rodríguez; Roxelio Guillerme Pérez Agulla; Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo; Isabel Revenga Portela; Juan Ángel Tornero López; Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez.

    No 2015 nace, dentro do Arquivo do Concello de Redondela, o Arquivo Audiovisual, encargado de recoller temporal fotografías da veciñanza en soporte papel, dixitalizalas, describilas e custodialas de xeito dixital para a súa difusión.

    No ano 2016 o Concello de Redondela compra parte do Fondo do fotógrafo local Carlos Alonso (Fot'sca) sumando 68.000 negativos ó fondo municipal. Estes negativos foron revelados dixitalmente entre o 2018 e o 2022. No 2025 o Arquivo audiovisual conta cun total de 77.316 imaxes.

    No ano 2023 implantouse un novo cadro de clasificación de tipo funcional no Arquivo municipal.

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses.
    A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
    O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
    O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
    O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).

    Outras normas relativas ao Réxime Local son:
    O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
    O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
    O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
    Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
    O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.

    En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Redondela
    Casa do Concello
    -Rúa Alfonso XII, 2. 36800 Redondela

  • Fondos Arquivo municipal de Redondela
    Arquivo Audioivisual de Redondela
    Fondo Isidoro Viruleg

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Redondela” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 6 *“Inventario Archivo Municipal de Redondela” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 49 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990) *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-35 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de Atención ó público: de Luns a Venres, de 9:00 a 14:00 hrs.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Ana Gesteira Ponce

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos