ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo xulgado de paz das Neves

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36034.AXP.NEV.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz das Neves

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz das Neves

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz das Neves

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Cristiandade, s/n Localidade As Neves Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36440

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Setados no ano 1870 –pasando a denominarse As Neves en 1904- con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Ponteareas no que segue ata a actualidade. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Salvaterra de Miño dende o ano 1945 ata o 1953. O arquivo do xulgado ubícase na planta baixa da casa do concello dunha superficie de 20 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 20 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María Martínez Pereira e Carmen Pérez Larrán.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontevedra. Concello de As Neves

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Casa do concello Praza da Cristiandade, s/n 36440 As Neves

  • Fondos Xulgado de Paz de As Neves

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo I" A-M / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos