Arquivo xulgado de paz de Arbo
Área de identificación
Identificador ES.GA.36001.AXP.ARB.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Arbo
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Arbo
Área de contacto
Arquivo xulgado de paz de Arbo
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Consistorio, 1 Localidade Arbo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36430
Área de descrición
Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Arbo no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial da Cañiza, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a supresión deste no ano 1965 pasando a integrarse no de Ponteareas. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo o xulgado de paz de Crecente. O arquivo do xulgado ubícase na planta baixa da casa do concello, nun local dunha superficie total de 15 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 25 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1992, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María del Carmen Pereira Pazos e María Teresa Túñez Landín.
Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontevedra. Concello de Arbo
Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Casa do concello. Praza do Consistorio, 1 36430 Arbo
Fondos Xulgado de Paz de Arbo
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo I" A-M / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.
Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos