ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Arquivo xulgado de paz de Pontecesures

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36044.AXP.PONCES.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Pontecesures

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Pontecesures

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz de Pontecesures

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Cidade de Vigo, 2 Localidade Pontecesures Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36640

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Pontecesures no ano 1925, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953, comprendendo os xulgados de paz de Catoira e Pontecesures. O arquivo do xulgado ubícase na primeira planta da casa do concello dunha superficie de 15 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 12 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1992, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Josefa Fernández Ayuso.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontevedra. Concello de Pontecesures

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Casa do concello Avenida Cidade de Vigo, 2 36640 Pontecesures

  • Fondos Xulgado de Paz de Pontecesures

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo II" N-V / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos