ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.603
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.671

Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36060.AM.VILGAR.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contacto

Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza de Ravella, 1 Localidade Vilagarcía de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36600

Roberto Sobrado Miguélez

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza de Ravella, 1 Localidade Vilagarcía de Arousa Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36600

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo). A casa do concello de Vilagarcía de Arousa foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído nos últimos anos do século XIX; unha edificación illada, inicialmente en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que foi complementada cun amplo anexo posterior, que compoñen dous sotos e catro plantas en torno a un espacio central definido pola apertura lumínica. Resérvase ó arquivo municipal un espacio tradicional no baixo cuberta, cunha ampla superficie distribuída en tres amplas salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádeselle a disposición de varios locais nos sotos do concello, dotadas de estantería compactada e que deberán albergar a producción documental prevista nun futuro, toda vez que o local principal se atopa sen capacidade de recibir novas remisións. Conta o local cos equipamentos necesarios para a súa función, con recente dotación de estantería metálica, mobiliario de traballo e consulta, equipos informáticos, deshumidificadores e mobiliario auxiliar para documentos especiais. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo en 1984-1985, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, nos anos 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Jorge Abel Otero Elena Aguete Landín José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Juan Carlos Fontanes Paz Manuel Fuentes Suárez Susana García Mangas Vicente García Romero Manuela González Rey Victoria Hortas Porto Iria Jauregui Carrasco César Manuel López Marras María Jesús Meaños Tubío Mónica Núñez Carro Manuel Pena Pájaro Paz de la Peña Santos Miguel Pereira Figueroa Marcos Pereiras Álvarez Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Ramón Pérez Calvo Rosa Pérez Diz Rafael Pérez Rego Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana María Vallés Castro Rubén Villar Fernández María José Viñuela Fuentes Oscar Rey Muñiz Roberto Sobrado Miguélez Isabel Couso Bravo Carmen Touzón Fernández Daniel Menéndez Rodríguez Na actualidade ocúpase dos procesos técnicos do arquivo Roberto Sobrado Miguélez, funcionario municipal, contando coa puntual e ocasional colaboración dos Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa -Praza de Ravella,1. 36600 Vilagarcía de Arousa

  • Fondos

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Vilagarcía de Arousa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 5 *“Inventario Archivo Municipal de Vilagarcía de Arousa” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 56 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990) ”Vilagarcía, Vilaxoán y Carril. De los ayuntamientos constitucionales a su fusión en 1913”/ Manuel A. Villaronga García.- Pontevedra: Deputación, 1991

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos