Arquivo xulgado de paz de Rodeiro
Área de identificación
Identificador ES.GA.36047.AXP.ROD.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Rodeiro
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Rodeiro
Área de contacto
Arquivo xulgado de paz de Rodeiro
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Fonte, 2 Localidade Rodeiro Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36530
Área de descrición
Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Rodeiro no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Lalín, no que se mantén ao longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado até a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal desde o ano 1945 até o 1953, comprendendo o xulgado de paz de Agolada. O arquivo do xulgado localízase na primeira planta da casa de oficios dunha superficie de 150 m2. Nela dispón dun estante para o depósito dos fondos documentais, cun total de 30 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Eva González Rodríguez e Álvaro Rodríguez Cid.
Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontecedra. Concello de Rodeiro
Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdicionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Casa do concello Praza da Fonte, 2 36530 Rodeiro
Fondos Xulgado de Paz de Rodeiro
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo II" N-V / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.
Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos