ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo xulgado de paz de Baiona

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36003.AXP.BAI.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Baiona

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Baiona

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz de Baiona

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Conde, 24 Localidade Baiona Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36300

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Baiona no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Vigo, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Nigrán dende o ano 1945 ata o 1953. O arquivo do xulgado ubícase nun local propio dunha superficie total de 80 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 13 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porta.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontecedra. Concello de Baiona

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Xulgado de Paz Rúa Conde, 24 36300 Baiona

  • Fondos

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo I" A-M / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos