Fondos
Arquivo municipal de Nigrán
Área de identificación
Identificador ES.GA.36035.AM.NIG.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Nigrán
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Nigrán
Área de contacto
Arquivo municipal de Nigrán
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, 1 Localidade Nigrán Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36350
Cristina Aballe Román
Enderezo Enderezo (rúa) Praza da Constitución, 1 Localidade Nigrán Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36350
Área de descrición
Historia Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade. A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o ferro como elementos constructivos, dotado de amplos ventanais que marcan o seu aspecto exterior; dependendo da configuración do terreo, ten un aproveitamento en semisoto nunha das súas as, así como dunha parte da estructura baixo cuberta. O local destinado a arquivo, ocupa precisamente a metade do espacio aproveitable no soto do edificio, con acceso dende o distribuidor da entrada e dende o salón de sesións; a parte posterior da Casa Consistorial ten acceso directo a sala colateral do arquivo, destinada a garaxe e almacén municipal e que deberá, no seu día, servir de espacio para necesarias ampliacións. O arquivo dispón dunha superficie total de 42 metros cadrados, sen ventilación exterior nin iluminación natural, pero que, por ser recente a súa construcción presenta boas condicións de habitabilidade. O elevado volume documental conservado fixo necesario atopar o máximo aproveitamento deste espacio dispoñible, polo que dotouse dunha estantería metálica compactada, cun total de dez corpos de estantería fixos, nos laterais , e cinco módulos móbiles de dez corpos cada un, de dobre ancho, que supón un total de 410 metros lineais, dos que se han ocupado con documentación un oitenta por cento. A escaseza da superficie do local impide a colocación de mobiliario para consulta e tratamento documental. Como queira que este local no foi suficiente para dispor a totalidade da documentación, na espera de remtar a ampliación da casa do concello ténse habilitado un novo depósito local nun edificio próximo á casa do concello. O proceso técnico de organización do fondo documental conservado no municipio de Nigrán, iniciase no ano 1987, coincidindo co remate das obras de reforma da casa do concello e o necesario traslado da documentación dende as instalacións provisionais que ocupaba este por aquel entón. Por este motivo a documentación presentaba un grado elevado de desorde e un estado de conservación deficiente, pese o cal o volume da mesma era abundante. Rematada esta primeira fase acometeuse unha actuación de reincorporación no ano 1990, e outra no ano 2000 de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, quedando sen finalizar. Dende esta data asume o propio concello, mediante a contratación de persoal específico para o arquivo, o control e xestión do mesmo, posto que ocupa dende ese ano Cristina Aballe Román. Finalmente no ano 2005 establécese unha nova colaboración a fin de rematar o proceso de adpatación iniciado no 2000 e para a incorporación de novos fondos documentais producidos nestes últimos anos. Todos estes traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo Cristina Aballe Román Jorge Abel Otero Ana Álvarez Villar Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo Jacobo Domínguez Pedreira Alfonso Ferreiro Monteagudo Purificación García Blanco Blanca García-Señoráns Álvarez Manuela González Rey Borja Mazaira Fernández Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Revenga Portela Montserrat Romero Alonso Iñaki Varela Pérez Margarita Veiga Villaverde
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Nigrán -Praza da Constitución, 1 36350 Nigrán
Fondos Arquivo municipal de Nigrán
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Nigrán” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 20 *“Inventario Archivo Municipal de Nigrán” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 61 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Cristina Aballe Román
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos