ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.596
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

Arquivo xulgado de paz de Catoira

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36010.AXP.CAT.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Catoira

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz de Catoira

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz de Catoira

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa do Concello, nº 6 Localidade Catoira Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36612

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Catoira no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Caldas de Reis ata o ano 1965 no que se integra no de Pontevedra, Posteriormente, na súa creación no ano 1983, intégrase no de Vilagarcía de Arousa. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Valga dende o ano 1945 ata o 1953. O arquivo do xulgado ubícase na casa do concello cunha superficie de 12 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 10 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1997, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontecedra. Concello de Catoira

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funciones xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia. Os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados pola Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial. Esta lei establece: Artigo 99 establece: En cada concello onde non exista Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, e con xurisdición no termo correspondente, haberá un Xulgado de Paz Artigo 101. 1.Os Xuíces de Paz e os seus substitutos serán nomeados para un período de catro anos pola sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza correspondente. O nomeamento recaerá nas persoas elixidas polo respectivo Concello. 5. Os xuíces de paz prestarán xuramento ante o xuíz de primeira instancia e instrución e tomarán posesión ante quen se achase exercendo a xurisdición. Artigo 102. Poderán ser nomeados xuíces de paz, tanto titular como substituto, quen, aínda non sendo licenciados en dereito, reúnan os requisitos establecidos nesta Lei para o ingreso na carreira xudicial, e non estean incursos en ningunha das causas de incapacidade ou de incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís. Os Xuíces de Paz e os substitutos, no seu caso, cesarán polo transcurso do seu mandato e polas mesmas causas que os xuíces de carreira en canto sexanlles de aplicación. Os xuíces de paz son compensados pola súa actividade nos termos que establece a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Esta compensación que varía segundo o número de habitantes do municipio é compatible coas percepcións que ingresen provenientes doutras actividades profesionais compatibles co exercicio do cargo. Así mesmo a Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, regula as competencias dos xuíces de paz: Artigo 100. 1. Os Xulgados de Paz coñecerán, na orde civil, da substanciación en primeira instancia, fallo e execución dos procesos que a Lei determine. Cumprirán tamén funcións de Rexistro Civil e as demais que a Lei lles atribúa. 2. Na orde penal, quedan sen competencias a tenor da nova O 1/2015, de 30 de marzo. A Lei Orgánica do Poder Xudicial prevé que poida haber unha única secretaría para varios xulgados de paz. Desta maneira, atopamos distintos tipos de xulgados de paz, uns que están abertos de luns a venres; outros, que soamente están abertos durante uns días en concreto da semana ao estar integrados nas chamadas «agrupacións de secretarías de xulgados de paz». Isto é debido a que existen municipios de menos de 7.000 habitantes, que até hai poucos anos, carecían de persoal profesional específico de xustiza que puidese atender o xulgado de paz adecuadamente. Por iso creáronse as agrupacións de secretarías nas que un mesmo secretario atende a varios xulgados de paz. Como é lóxico, esta persoa, xunto con outros profesionais da Xustiza, están obrigados a desprazarse cada día da semana a un municipio distinto. Naquelas poboacións con poboación inferior a 7.000 habitantes, ou cuxos xulgados de paz para formar unha agrupación de secretarías, é persoal do propio Concello quen atende as funcións do xulgado de paz. Lexislación aplicable Lei Orgánica do Poder Xudicial Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz (3/1995 de 7 de xuño) Lei de Enxuizamento Civil Lei de Enxuizamento Criminal BOE de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Casa do concello. Rúa do Concello, nº 6, 36612, Catoira

  • Fondos Xulgado de Paz de Catoira

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo I" A-M / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos