Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
Área de identificación
Identificador ES.GA.36057.AELMB
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
Área de contacto
Arquivo Entidade Local Menor de Bembrive
Enderezo Enderezo (rúa) Praza do Mosteiro, nº 1, Bembrive Localidade Vigo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36316
Área de descrición
Historia Constitúese como Entidade Local Menor o 12 de xuño de 1945, xestionando o patrimonio propio constituído polos montes de San Cibrán, Aradas e outros. Desde entón funciona ininterrompidamente, ten a súa sede institucional nunha edificación propia no barrio de Mosteiro. O proceso de organización inicial do fondo documental iniciase no ano 1996 con reincorporacións posteriores nos 2001, 2006 e 2009, levando a cabo estes procesos técnicos: José Luis Castro Carpintero, María del Carmen Fariña Fernández, Manuela González Rey, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, María Lede Pérez e Alfonso Gómez Martín.
Contexto xeográfico e cultural Formada pola parroquia de Santiago de Bembrive, intégrase no Antigo Réxime na xurisdición de Bouzas, con señorío do Bispado de Tui. Posteriormente no ano 1836, coa creación definitiva dos concellos constitucionais, será incluída no concello de Lavadores, a pesar de algún intento baldío para a súa integración no de Vigo. Esta definitiva adscrición ao concello constitucional de Vigo prodúcese no ano 1936, xunto coa totalidade das parroquias que formaban o Concello de Lavadores. Ten unha superficie total de 935 hectáreas nas que residen 4.766 habitantes, distribuídos nos lugares de Baruxáns, O Cacheno, O Carballal, O Cruceiro, A Cruz, As Chans, Eifonso, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, Os Freires, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Mourelle, A Mouteira, Novelos, O Outeiro, Paio, A Parrocha, A Parrovella, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, Recaré, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, San Cibrán, Segade, O Toutizo, Xeme, A Xesteira e Xestoso.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademais cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Entidade Local Menor de Bembrive Praza do Mosteiro, 1. 36316. Bembrive. Vigo
Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Bembrive
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos