ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36021.AELMM

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns

Área de contacto

Arquivo Entidade Local Menor de Morgadáns

  • Enderezo Enderezo (rúa) A Pedra, nº 1 _ Morgadáns Localidade Gondomar Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36389

Área de descrición

  • Historia Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844 pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns. A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto Municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei Municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sofre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprende-lo seu funcionamento habitual a partir do ano 1955. Ten a súa sede no barrio da Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras. A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Contexto xeográfico e cultural A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ó concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de A Abelosa, Baralla, Batizosa, O Camiño Branco, O Carballás, A Carballeira, As Entreviñas, Gonda, Guillufe, Gulgar, Os Eidos de Abaixo, Ervillás, O Lago, Murxido, Os Padróns, Pedra, O Picouso, Prado, San Roque, Vilas, Viño e Xende.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Entidade Local Menor de Morgadáns Pedra, 1. Morgadáns. Gondomar

  • Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Morgadáns

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos