Arquivo Entidade Local Menor de Pazos de Reis
Área de identificación
Identificador ES.GA.36055.AELMP
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Pazos de Reis
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Pazos de Reis
Área de contacto
Arquivo Entidade Local Menor de Pazos de Reis
Enderezo Enderezo (rúa) Edificio Administrativo A Macoca s/n O Anxo, s/n Localidade Tui Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36715
Alejo Ordóñez Méndez
Enderezo Enderezo (rúa) Edificio Administrativo A Macoca s/n O Anxo, s/n Localidade Tui Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36715
Área de descrición
Historia A Entidade Local Menor constitúese no ano 1926, con certa oposición por parte de veciños de Tui. Actualmente ten a súa sede con carácter provisional nunha escola e centro cultural, propiedade da Entidade, por ter sido expropiada a anterior casa por mor da construcción da autovía Vigo-Tui. Atópase en construcción unha nova na subida ó monte Aloia. A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, Jacobo Domínguez Pedreira e Iñaki Pérez Varela.
Contexto xeográfico e cultural Formada pola parroquia de Nosa Señora do Sagrario de Pazos de Reis, que pertence ó concello de Tui; ten unha superficie total de 615 hectáreas nas que residen 1.113 habitantes, distribuídos nos lugares de O Ánxel, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Os Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde e O Seixal.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Entidade Local Menor de Pazos de Reis O Anxo, s/n. Pazos de Reis. 36715 Tui
Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Pazos de Reis
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos