Arquivo Entidade Local Menor de Queimadelos
Área de identificación
Identificador ES.GA.36031.AELMQ
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Queimadelos
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Queimadelos
Área de contacto
Arquivo Entidade Local Menor de Queimadelos
Enderezo Enderezo (rúa) A Armada s/n, Queimadelos Localidade Mondariz Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36877
Área de descrición
Historia Ven funcionando con regularidade dende a súa constitución como Entidade Local Menor o 21 de febreiro de 1935. Conta con edificio propio para as dependencias da Entidade, construído entre 1963 e 1966. A maior parte dos seus ingresos proceden da xestión dos montes de Peralta e Portela. A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Contexto xeográfico e cultural Formada pola parroquia de Santa María de Queimadelos, integrouse en séculos pasados na Xurisdicción de Sobroso con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra, e pertence con posterioridade ó concello de Mondariz. É unha pequena parroquia rural, cunha superficie total de 2,12Km2, na que residen 155 habitantes, distribuídos nos dous únicos lugares de Aqueleido e Armada.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s)
Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Queimadelos
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos