ATOPO
Rexistros actuais: 1.186.134
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.506

Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36031.AELMV

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

Área de contacto

Arquivo Entidade Local Menor de Vilasobroso

  • Enderezo Enderezo (rúa) Vilasobroso Localidade Mondariz Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36870

Área de descrición

  • Historia Formada pola parroquia de San Martiño de Vilasobroso, chamada así dende 1936 en que se aproba o cambio de denominación sendo con anterioridade o seu nome San Martiño da Portela. Pertencía no Antigo Réxime á Xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra. Na actualidade forma parte do concello de Mondariz, discorrendo por ela a estrada nacional N-120 que configura a súa morfoloxía; nesta parroquia atópase o coñecido castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do Concello de Ponteareas. A parroquia ten unha superficie total de 5,18Km2, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos lugares de O Cruceiro, A Pena, Saniñáns Veigadraga e Vilasobroso. Foi recoñecida como Entidade Local Menor o 13 de setembro do ano 1924, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Alejo Carrera Muñoz. A súa primeira denominación foi a de Entidade Local Menor de Portela ata o cambio de denominación da parroquia antes sinalado, por solicitude da propia Entidade Local. O seu patrimonio constitúeo o edificio do mercado, no que se atopa na actualidade a sede da Entidade Local, o cemiterio e varios montes. A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

  • Contexto xeográfico e cultural A parroquia ten unha superficie total de 5,18Km2, onde residen 452 habitantes, distribuídos nos lugares de O Cruceiro, A Pena, Saniñáns Veigadraga e Vilasobroso.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Entidade Local Menor de Vilasobroso Vilasobroso 36870 Mondariz

  • Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos