Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
Área de identificación
Identificador ES.GA.36023.AELMC
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
Área de contacto
Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
Enderezo Enderezo (rúa) Praza de San Amaro, nº 32 - Camposancos Localidade A Guarda Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36788
Área de descrición
Historia A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de tódalas que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870. A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase no ano 1798 logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; sen embargo, na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade. Como Entidade Local Menor é recoñecida, logo da aprobación do Estatuto de Municipal de 1924, en abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez. A documentación consérvase no pequeno local da propia Entidade Local Menor. Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Contexto xeográfico e cultural Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen 845 habitantes, distribuídos nos lugares de A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Outeiro, O Muíño, Pombal, A Pasaxe, Sa e Salgueiró. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Entidade Local Menor de Camposancos Plaza de San Amaro, 32. 36788 Camposancos A Guarda
Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Camposancos
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos