Fondos
Arquivo Pazo de Sestelo
Área de identificación
Identificador ES.GA.36052.APAZSES
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Pazo de Sestelo
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Pazo de Sestelo
Área de contacto
Pazo de Sestelo
Enderezo Enderezo (rúa) Sestelo, 10 Localidade Silleda Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36547
Área de descrición
Historia Recibido escrito da Alcaldía de Silleda con data de 18 de setembro de 2013, no que se solicita dixitalización de fondos documentais depositados na casa da Cultura polo seu propietario D. Roberto Rivas, veciño da parroquia de Siador, considerado de enorme interese para a historia local da antiga xurisdición de Trasdeza, do concello de Silleda e o seu contorno, levouse a cabo visita ás instalacións no día 2 de outubro coa finalidade de valorar as posibilidades de acometer a actuación solicitada. Compróbase que a totalidade dos fondos alí depositados corresponden a protocolos notariais de escribáns da zona, de fins do século XVI a principios do século XIX, con continuidade temporal, gran riqueza informativa e extraordinario valor para o coñecemento da vida e realidades destas terras nos referidos séculos. Estes documentos, habitualmente depositados nos Arquivos Históricos Provinciais, son orixinais e por circunstancias que se descoñecen non foron depositados no seu día polos escribáns para o seu Arquivo definitivo, polo que son testemuñas únicas dos feitos e actos xurídicos que documentan. Excepcionalmente, un dos escribáns – Antonio Ximénez- ocúpase da Xurisdición de Vilanova de Arousa, descoñecéndose a relación co resto. Fisicamente son corenta caixas de arquivo normalizadas, de plástico ríxido en gris, con tamaño folio estandarizado, depositadas na provisionalmente para o seu tratamento na casa da Cultura de Silleda a disposición do persoal municipal. Conteñen protocolos notariais entre 1598 e 1880 de dezasete escribáns da xurisdición de Trasdeza e un de Vilanova de Arousa, debidamente identificados, que recollen documentos xurídicos entre particulares e da vida da propia xurisdición, antecedente dos concellos de Chapa e Silleda e da comarca do Deza. O Pazo de Sestelo é unha casa señorial do século XVI situada no lugar de Sestelo, na parroquia de Siador, no concello pontevedrés de Silleda. Coñecida tamén como casa de Sestelo, é propiedade da familia Rivas. Un dos seus membros, Francisco María Rivas Taboada, foi o impulsor e benfeitor do Santuario da Virxe da Saleta, situado en Siador. Na actualidade, o seu tataraneto, Roberto Rivas Martínez continua con esta labor. Os Baamonde e os Ocampo aparecen no escudo de armas, mentres que os Pimentel quedaron reflectidos nunha inscrición na capela do pazo, adicada á Virxe do Socorro.
Contexto xeográfico e cultural Comarca de Deza. Xurisdición de Trasdeza. Silleda
Atribucións / fontes legais
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s)
Fondos
Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Área de acceso
Horarios de apertura
Condicións e requisitos para o uso e o acceso
Accesibilidade
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos