Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
Área de identificación
Identificador ES.GA.36900.AAPO
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
Área de contacto
Arquivo da Autoridade Portuaria do Porto de Marín
Enderezo Enderezo (rúa) Enderezo: Parque de Cantodarea s/n. Porto de Marín. Sede principal da Autoridade Portuaria Localidade Marín Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36900
Oficina Administrativa de Servizos
Enderezo Enderezo (rúa) Enderezo: Parque de Cantodarea s/n. Porto de Marín. Sede principal da Autoridade Portuaria Localidade Marín Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36900
Marina Díaz Paredes
Enderezo Enderezo (rúa) Arquivo da Autoridade Portuaria Parque de Cantodarea s/n. Porto de Marín. Sede principal da Autoridade Portuaria Localidade Marín Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36900
Área de descrición
Historia O Porto natural de Marín posúe unha ampla bahía que se extende desde a Punta Pesqueira até Placeres. A actividade portuaria constátase desde a antigüidade nos vestixios toponímocos de raíz grega e no miliario da época romana cuxa incrición fai referencia á súa importancia como vía de comunicación marítima (conservado no Museo de Pontevedra) Couto de realengo doado pola Raíña Doña Urraca a favor de Don Diego Arias en 1112. Este Cabaleiro doa todos os seus bens ao Mosteiro de Oseira no 1151 e a esta Orde pertencerá até o proceso de desamortización. Mediado o século XVIII, a Ría de Pontevedra inicia o seu despegue comarcial e industrial. A súa riqueza pesqueira explica o establecemento de numerosas fabricas de salazóns e conservas, alén doutras industrias relativas a actividades relacionadas co mar. No tocante ao movemento migratorio, Marín é punto de saída das novas rotas cara América. A Compañía Transatlántica inauguraba no 1861 un servizo de viaxe directa de ida e volta a Monevideo e Bos Aires, no Non Plus Ultra, o día dous de cada mes. Desde 1868, Marín é Distrito Marítimo de Primeira Clase e dispón do servizo de numerosos consulados europeos e sudamericanos debido ao importante movemento comercial e migratorio. En 1883, o Concello de Pontevedra solicita ao Porto de Marín que se converta nun porto de interese xeral, sendo cualificado como tal o 30 de agosto de 1886. Cedo comezan as xestións que darán lugar á Real Orde do 23 de setembro de 1907 pola que se crea a Xunta de Obras do Porto e Ría de Pontevedra como entidade responsable da explotación, conservación e obras dos potos de Marín, Bueu, Pontevedra e Sanxenxo e o trmo de costa comprendido entre punta Campelo na costa Norte e punta Penedo na costa Sur. Excepto Marín, os demás portos pasan a ser competencia de Galicia. Sanxenxo desde xaneiro de 1964 e Bueu e Pontevedra a partir de 1982. Coa Lei de Portos do Estado e da Mariñaa Mercante de 1992, a Entidade responsable do Porto de Marín convírtese na Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. O edificio principal da entidade sitúase en Pontevedra, na avenida das Corbaceiras desde o ano 1933, no porto de Pontevedra. No recinto portuario de Marín están situadas as oficinas administrativas, un edificio compartido con Capitanía Marítima. A nave onde está o arquivo portuario atópase no sector de reparacións, que comparte principalmente cunha Escola de Formación de actividades do sector. As instalacións do arquivo sitúanse a res do chan e constan de depósito e sala de consulta. Son 200 metros cadrados compartidos polo arquivo portuario e a biblioteca especializada, cunha organización informatizada dos instrumentos de descrición de ambos. A organización e custodia está ao cargo de Marina Díaz Paredes. Compromiso iniciado no mes de abril de 1997, tratase dun arquivo en crecemento constante no que os documentos tanto teñen valor histórico coma administrativo
Contexto xeográfico e cultural Comunidade Autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra
Atribucións / fontes legais Boletín de información xurídica correspondente ao terceiro trimestre (03/11/2015) Boletín de información xurídica correspondente ao segundo trimestre (10/09/2015) Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante (19/01/2015) Extracto da Lei de Presupostos Xenerais do Estado para 2014 (03/01/2014) Orde FOM 1698/2013 de 31 de xullo (01/10/2013) Orde FOM/4003/2008, de 22 de xullo (14/02/2010) Regulamento de servizos, policía e réxime do Porto e Ría de Pontevedra (02/05/2008)
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) AUTORIDADE PORTUARIA DE MARIN E RÍA DE PONTEVEDRA Oficina Principal Avenida das Corbaceiras s/n 36002 Pontevedra Oficina Administrativa de Servizos Dársena pesqueira s/n 36900 Marín. Pontevedra Arquivo da Autoridade Portuaria Porto de Marín Dársena de reparacións. Nave Aixola. 36900 Marín
Fondos Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Cadro de clasificación e inventario informatizado. Ademais existen algunhas publicacións referidas á esta institución: “La ría de Pontevedra”/ Xosé Fortes Bouzán.- Marín: Autoridade Portuaria. D.L. PO-217-86 “El ferrocarril Pontevedra-Marín”/ Marina Díaz Paredes.- Marín: Autoridade Portuaria. D.L. PO-347-02 “El puerto de Marín: análisis estructural”/ Julia Sánchez Abalos.- Pontevedra: Deputación provincial, 1987 “A historia do porto de Marín” Marina Díaz Paredes. Accesible dende a páxina WEB da Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra: www.portel.es. ”Rolada”, publicación da Autoridade Portuaria bimensual.
Área de acceso
Horarios de apertura De luns a venres, de 10 a 13 horas.
Condicións e requisitos para o uso e o acceso O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación dos documentos. Requírese solicitude motivada diante da Autoridade Portuaria.
Accesibilidade
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación Biblioteca Auxiliar Conta cunha biblioteca especializada en temas portuarios, que inclúe monografías e publicacións periódicas.
Servizos de reprodución Pódense solicitar fotocopias e reprodución de documentos, suxeitas ás taxas e prezos e a autorización oportuna.
Espazos públicos