ATOPO
Rexistros actuais: 1.187.557
Obxectos dixitais dispoñibles: 427.119

Instituto de Pontevedra

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36038.AINST.PONT

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Instituto de Pontevedra

  • Forma(s) paralea(s) do nome Instituto de Pontevedra

Área de contacto

IES Sánchez Cantón

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Reina Victoria Eugenia, s/n Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36001

Área de descrición

  • Historia Nos anos inmediatamente anteriores á instalación do “Instituto de Segunda Enseñanza” en Pontevedra a función educativa exercíase a través dunha fundación a cargo dun presbítero exclaustrado, D. Miguel Barros, instalada para as súas ensinanzas no exconvento dos xesuítas dende en 1830, por acordo do Concello, que era o seu administrador. Esta mantivo a súa actividade polo menos ata 1842. Neste ano 1842 está documentada a instalación doutro colexio, na rúa da Palma, rexido por D. José María Billar, no que se impartían ensinanzas das primeiras letras, clases de latinidade, debuxo e lingua francesa, estando prevista a súa ampliación ás matemáticas, filosofía e outras. O antecedente máis inmediato do Instituto de “Segunda Enseñanza” de Pontevedra é o Colexio Oficial de Humanidades, dependente da Universidade Literaria de Santiago, que inicia o seu labor docente en 1843, instalado no mesmo convento da Compañía de Xesús, pasando en 1844, provisionalmente, a un edificio na rúa Peregrina. A dirección deste centro estaba a cargo de D. Francisco Varcia Gómez. O Concello solicita entón a creación do instituto de Pontevedra, apoiado por un grupo de cidadáns, concedéndose esta por R.o. de 30 de outubro de 1845. Esta proposta levaba parella o sostemento do centro entre os cidadáns e as rendas das fundacións e obras pías que daquela administraba o Concello, xunto cos ingresos derivados dos exames e matrículas. O instituto, para iniciar o seu funcionamento absorbe o citado Colexio de Humanidades e nomean como director do instituto o que xa era do colexio, D. Francisco Varcia Gómez. A inauguración do curso ten lugar o 19 de novembro de 1845, quedando instalado o instituto no convento dos xesuítas. Contaba inicialmente coas cátedras de Historia, Xeografía, Matemáticas, Historia Natural, Física e Química e Debuxo. Será a Deputación Provincial a que asuma a maior parte do custo do funcionamento deste centro educativo, mellorando progresivamente as súas instalacións e medios pedagóxicos. En 1845, segundo Pascual Madoz, o Instituto de “Segunda Enseñanza” de Pontevedra estaba situado aínda no convento dos xesuítas, xunto a unha Escola de Instrucción Primaria e a Escola Normal, integrada esta última pola escola práctica e a Escola de mestres. Contaba nese momento o instituto con cátedra de Moral e Relixión, Lóxica, Lingua Francesa, Xeografía, Historia, Historia Natural, Física e Química, Matemáticas Elementais, Poética, Retórica, Gramática Latina e Castelán. Nel cursaban estudios máis de cen alumnos que pagaban unha matrícula de 160 reais cada un. Para o seu funcionamento o centro percibía 3.000 reais da fundación, que rexía o Concello. O seu orzamento era de 74.000 reais, que se cubrían maioritariamente con fondos da Deputación Provincial. Cos anos foron mellorando as instalacións e os medios materiais para desenvolver a súa función pedagóxica, aínda que sempre cunha permanente deficiencia. Deste xeito, no ano 1867 créase no instituto un centro de internado, financiado pola Deputación Provincial, que perdurará ata 1882, data na que desaparece por problemas de espacio. Posteriormente, en 1878, créase unha escola de comercio e outra de náutica, anexos ó instituto, así como un xardín de aclimatación para experimentacións agrícolas. En 1880 instálanse unha estación e un observatorio meteorolóxico, de grande interese e aproveitamento para alumnos e profesorado. O instituto traslada a súa sede ó edificio construído pola Administración central para a Escola de Artes e Oficios que nunca chegou a funcionar, hoxe sede da Delegación provincial da Consellería de Educación, na avenida de Montero Ríos. Esta edificación, proxectada por Andrés Calvo, rematouse en 1899, logo de catro anos de traballo, e destínase inicialmente, en contra das pretensións iniciais, como sede do instituto, función que se prolonga ata a construcción dunha edificación propia. A necesidade dun edificio de seu, pola abundancia de alumnos matriculados nel, resólvese coa construcción, tamén na avenida Montero Ríos, emprazamento que na actualidade ocupa o Instituto Valle Inclán. Esta construcción proxéctase xa en 1903 e as obras, con certo retraso, inícianse en 1911 e prolónganse deica 1924; inaugúrase o novo instituto en 1929. A partir do ano 1930 esta será a sede definitiva desta institución educativa ata a máis recente proliferación de centros.

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade Autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra

  • Atribucións / fontes legais

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Avenida Reina Victoria Eugenia, s/n. 36002 Pontevedra O fondo documental do arquivo do “Instituto de Segunda Enseñanza” de Pontevedra consérvase, como xa dixemos, no edificio do Instituto “Sánchez Cantón”, nunha dependencia específica para este fin, situada no semisoto con acceso directo dende as oficinas. Conta o local con 67 m2 de superficie, nunha sala case rectangular, cunha media de 6 m de ancho, algo máis de 11 m de longo e cunha altura de 3 metros. Dispón de iluminación e ventilación con aberturas á fachada do edificio, sendo ademais adecuadas as súas condicións de habitabilidade. Para depósito da documentación e da bibliografía conservada nesta local instaláronse un total de 157 m lineais de estantería metálica, disposta segundo se reflicte no plano adxunto, suficiente para o volume actual e o que xere nun futuro esta institución educativa. Deste total quedaron ocupados pola documentación 107 metros lineais e polos fondos bibliográficos en depósito preto de 50 metros lineais. Hai neste local, ademais, catro armarios de madeira e tres arquivadores metálicos que conservan as fichas dos alumnos co seu expediente académico e as cualificacións das décadas dos anos sesenta e setenta.

  • Fondos Arquivo do Instituto de Pontevedra

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Algunhas publicacións de referencia son: Publicacións: * “Inventario arquivo do Instituto de Pontevedra",. Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004).- Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 4. D.L. PO-391-95 ISBN: 84-88363-53-2 *O Instituto de Pontevedra : século e medio de historia.- María del Carmen Castelo Tettamancy... [et al.] ; coordinación, Xosé Fortes - Pontevedra : Deputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicacións, D.L. 1997 “O arquivo dos Institutos de Pontevedra” Separata Revista “Pontenova”, nº 5, pgs. 71-76 Begoña Pérez Losada

Área de acceso

  • Horarios de apertura

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios do propio instituto. O acceso á documentación realizarase de conformidade coa lexislación vixente e previa solicitude.

  • Accesibilidade

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos