Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Área de identificación
Identificador ES.GA.36037.AM.PAZ.
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Área de contacto
Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Enderezo Enderezo (rúa) Pazos, nº 52 Localidade Pazos de Borbén Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36841
María Begoña Tellado Míguez
Enderezo Enderezo (rúa) Pazos, nº 52 Localidade Pazos de Borbén Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36841
José Antonio Lorenzo Pérez
Enderezo Enderezo (rúa) Pazos, nº 52 Localidade Pazos de Borbén Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36841
Área de descrición
Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Redondela, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, no caso da parroquia de Pazos, con señorío do duque de Soutomaior. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Redondela, constitúese como concello no ano 1836 coa mesma configuración espacial que hoxe aínda ten. O número de parroquias incrementarase coa creación de A Ermida segregada da de Santa María de Pazos. Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha edificación á que se trasladaron as dependencias e servizos municipais no ano 2001, entre elas o arquivo municipal, antes disposto no baixo cuberta da antiga sede municipal. Esta moderna edificación desenvólvese horizontalmente, con abundantes vans e unha distribución en baixo e planta. Na zona central rómpese a composición verticalmente cunha elevación do teito e unha ampla balconada. Dentro da distribución do conxunto proxéctase o arquivo na planta baixa, a carón das oficinas e salón de sesións, nunha sala rectangular de cincuenta e oito metros cadrados, conectada con escaleira interior con outro espacio na planta superior, concibido inicialmente como zona de traballo e consulta que pode complementa-lo espacio de depósito en caso de futura necesidade. Ademais anexo ó arquivo cóntase cun espacio para o almacenamento de publicacións, boletíns, impresos e outros materiais. Conta o local con tódalas condicións necesarias de habitabilidade, ventilación, limpeza, control ambiental e iluminación, para a súa función conservadora e cos equipamentos requiridos para o tratamento e utilización dos fondos existentes, entre eles estantes metálicos, mesa de consulta e ficheiro metálico. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado do local en dúas ocasións, nos anos 1992, 1994, 2001, 2005, 2008, 2010, 2011 e 2013. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María del Mar Abilleira Fernández Bríxida Álvarez Prado José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Pita Carballo Iñaki Varela Pérez Roberto Rodríguez Álvarez Julio Rafael Pereira Bernárdez María Lede Pérez Alberto Aramburu García-Pintos Alfonso Gómez Martín Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo Aída María Pérez Martínez
Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Pazos de Borbén sitúase na zona central da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Soutomaior, Fornelos de Montes, Mondariz, Ponteareas, Mos e Redondela. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados cun total de vinte e nove entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias: Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras, nas que residen case tres mil cincocentos habitantes.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Arquivo municipal de Pazos de Borbén -Pazos, 52. 36841 Pazos de Borbén Información gráfica: http://www.arquivos.depo.es/?1,1011 e http://www.arquivos.depo.es/?1,1208
Fondos Arquivo municipal de Pazos de Borbén
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Pazos de Borbén” Col. “Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra”, nº 38 D.L. PO-618-01 ISBN: 84-8457-088-6 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello
Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos