ATOPO
Rexistros actuais: 1.634.412
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.404

Memoria Histórica

  • Proposición do grupo municipal do PsdeG-PSOE sobre a recuperación da memoria histórica e de condena da ditatura franquista

    13755/18

    Concello de Pontevedra. Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais

  • Expediente sobre a homenaxe ás persoas arbenses asasinadas en 1936 e colocación de placa conmemorativa (2016)

    2.784/2

    Expediente sobre a homenaxe ás persoas arbenses asasinadas en 1936 e colocación de placa conmemorativa: escrito enviado por Xabier Simón Fernández en representación do Grupo pola recuperación da memoria histórica de Arbo ao Alcalde de Arbo.

  • Augusto Sotelo Zarazo

    3

    Documentación relativa ao sarxento do exército franquista Augusto Sotelo Zarazo do corpo de farmacia militar. Contén: 1.- Cartilla de movilización militar (1935) 2.- Folla de servizos (1943) 3.- Oficio de nomeamento como representante do Consello de Goberno da "Asociación Benéfica de Suboficiales del Ejército de Tierra". (1944) 4.- Filiación dentro do rexemento de infantería Mérida nº 29 [1953] 5.- Folla de castigos [1953] 6.- Libro titulado: "Hechos más salientes de la campaña realizada por la 84 División 1-10-937 a 1-4-939"

    Augusto Sotelo Zarazo

  • "Hechos más salientes de la campaña realizada por la 84 División 1-10-937 a 1-4-939"

    20.648/97/6

    Libro titulado: "Hechos más salientes de la campaña realizada por la 84 División 1-10-937 a 1-4-939"

  • PROGRAMA "CAE DE CAIXÓN"

    1

    O programa "Cae de caixón" é unha campaña de captación e recompilación de arquivos privados (imaxes, cartas e outros documentos) sobre memoria histórica para incorporalos ao Arquivo da Deputación. A súa finalidade é que o material que poida ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado do 36, co tempo inmediatamente anterior ou coa ditadura, saia do ámbito privado para achegar a memoria á sociedade en xeral e á xente investigadora en particular.

    Deputación de Pontevedra

  • COLECCIÓN DOCUMENTAL REBOIRAS

    2

    A colección documental Reboiras agrupa documentación do nacionalismo galego dende a fundación da UPG no ano 1964 ata o inicio da década dos oitenta, que foi recompilada por Manuel Reboiras no tempo da súa militancia e como corresponsable Nacional Técnico do Partido. (Datas extremas 1964-1983). Contén exemplares da revista “Terra e Tempo”, da Asamblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e das múltiples organizacións de masas do nacionalismo popular: voceiros sindicais, labregos, do ensino ou voceiros de barrios.

    Xosé Ramón Reboiras Noia

  • Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

    4

    Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido, veciño de Forcarei, foi destinado a batallóns de traballos forzados en 1940 seguramente por non responder ao chamamento a filas por atoparse traballando en Lisboa. Esta sección contén copia dos documentos que forman parte do seu expediente e unha pequena libreta con anotacións manuscritas sobre a súa estadía nos distintos batallóns dos que formou parte, así como 3 fotografías.

    Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido

  • Moción do BNG sobre a Lei da Memoria Histórica (2009)

    1.780/3

    Expediente de moción do grupo municipal do BNG sobre a Lei da Memoria Histórica..

    Concello de Pontecesures

  • FONDO GRÁFICO NATALIO ABAD

    3

    Fondo gráfico cedido por Olga Abad, filla de Natalio Abad, vigués, fundador na súa mocidade do denominado grupo Os Fillos do Sol e pioneiro do montañismo en Galicia. Trátase dun fondo fotográfico familiar que polas súas características supera os límites estritamente persoais e se constitúe como proba de incuestionable valor para coñecer uns tempos cambiantes e uns xeitos de vivir pegados á natureza e a un gozo vital que a guerra truncou. Serve tamén para coñecer os primeiros pasos do montañismo na comunidade autónoma xa que esa foi a afección principal de Natalio Abad, á que dedicou moitos anos contribuíndo de xeito fundamental ao desenvolvemento de iniciativas que co tempo se consolidarían. Catalogáronse e dixitalizáronse 192 fotografías cedidas pola familia, algunhas recompiladas nun álbum e outras soltas, xunto a outra documentación relacionada coa traxectoria vital de Natalio Abad (recortes de prensa, carnés de pertenza a colectivos ou asociacións, documentos administrativos etc.). As fotografías poden dividirse en varios bloques temáticos: Imaxes da mocidade de Natalio Abad e o seu grupo de amizades (os irmáns Pepe e Antonio Villaverde, Higinio González, Víctor Mon de los Reyes, entre outros) nas praias viguesas. Son testemuñas dunha época de liberdade e alegría, na que destaca a construción dunha palafita na parte final do río Lagares en terreos da parroquia de San Paio de Navia. En varias das fotos, precisamente, aparecen carpinteiros e obreiros da parroquia que traballaron na súa construción. As travesías en piraguas de madeira construídas artesanalmente, os xogos, os paseos e baños nas praias de Coruxo ou Samil, e o gusto pola vida natural e ao aire libre, que se reflicten incluso nas indumentarias e en performances a modo de divertimento, aparecen recollidas en boa parte destas fotografías representativas tamén dunhas paisaxes costeiras da cidade que se modificaron ou xa non existen. Un amplo conxunto de fotografías correspóndese coas actividades de Natalio Abad vencelladas ao Centro Excursionista Galego e posteriormente ao Club Montañeiros Celtas e que abrangue un espazo de máis de catro décadas. Desde o monte Aloia, o Galleiro, a serra de Avión ou outros máis próximos a Vigo, as imaxes de rutas polos Ancares, Manzaneda ou Pena Trevinca, onde practicaron o esquí de xeito rudimentario, en canto a materiais e vestimentas, as fotografías son testemuña do seu labor pioneiro e do pulo dado por Natalio aos clubs de montañismo na apertura de novas rutas polos montes galegos. Este conxunto de fotos, ademais de reflectir as actividades relacionadas co montañismo, deixa un grupo de imaxes moi destacables desde o punto de vista paisaxístico e patrimonial. Un conxunto de fotografías que podemos considerar como estritamente familiares da vida de Natalio, da súa muller, Josefina Valverde, e da súa filla, Olga, que participaron activamente na vida social viguesa nas décadas centrais do século XX e que permiten rescatar costumes e tradicións locais. Como complemento a este álbum e como parte do fondo fotográfico da familia Abad, incorporáronse tamén un grupo de fotografías da familia orixinaria de Natalio e dos seus irmáns, recoñecidos deportistas tamén, e que serven para contextualizar e explicar en boa medida o carácter aventureiro do propio Natalio.

  • Solicitude do Senado de España das actas de acordos adoptados polo Concello de Bueu en relación coa Lei da Memoria Histórica

    5.201/22

    Solicitude do Presidente da Mesa da Cámara do Senado de España de remisión das actas de acordos adoptados polos órganos de goberno do Concello de Bueu nos que se acorde a retirada de símbolos que estarían incumprindo a Lei da Memoria Histórica 52/2007 a instancia do senador, don Carles Mulet García (GPIC). - Símbolos nas igrexas de Bueu. Pleno do Concello en sesión do 7 de novembro de 2016 a iniciativa da Asociación Amigos de Johán Carballeira de Bueu Gestiona 2647/2021. Tarefa 2021/1901

  • Expediente de convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello de Cultura Galega e o Concello para a recuperación da memoria histórica (2006)

    4.251/20

    Expediente de convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, o Consello de Cultura Galega e o Concello para a recuperación da memoria histórica (17/3/2006).

  • Moción do grupo municipal Asemblea Cidadá Bueu - SON para incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e á salvagarda da memoria histórica (2017).

    5.464/45

    Moción do grupo municipal Asemblea Cidadá Bueu - SON para incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e á salvagarda da memoria histórica. Sesión do Pleno do Concello do 14 de setembro de 2017.

  • Eusebio Riveiro Veiga

    2

    Eusebio Riveiro Veiga

  • Domínguez-Lores

    8

    O arquivo Domínguez Lores pon en imaxes -con fotos da década dos anos 30 ata a década dos anos 60- a memoria de Joaquina Lores Soutullo, a Ferreira, que estivo presa uns meses a partir de xaneiro de 1938. Detivérona en castigo á fuxida do seu home, Ramón Domínguez Prol, Moncho o Carroño, e do seu irmán Francisco Lores Soutullo, Paco o Ferreiro, acusados de deserción. Ambos incorporáronse ao exército republicano e tras a derrota, cruzaron a fronteira e acabaron retidos en campos de refuxiados franceses. Foi o inicio dun exilio que no caso de Moncho foi definitivo -aínda que fixo visitas esporádicas ao Grove- e no de Paco durou ata mediados dos anos 60. Con Joaquina estivo no cárcere a súa filla, Milagros Domínguez Lores, que no verán do 36 tiña tan só seis meses.

  • Expediente de solicitude de subvención para organización do Congreso da Memoria "A represión franquista en Galicia" a instancia da Asociación cultural Memoria Histórica democrática de Narón (2003)

    3.559/9

    Solicitude de subvención para organización do Congreso da Memoria "A represión franquista en Galicia" a instancia da Asociación cultural Memoria Histórica democrática de Narón.

  • Expediente de solicitude de subvención a Deputación de Pontevedra para sinalización de patrimonio histórico - cultural e memoria histórica

    2.223/2

    Expediente de solicitude de subvención a Deputación de Pontevedra para sinalización de patrimonio histórico - cultural e memoria histórica.

  • Expedientes de actividades culturais

    3.115/16

    Proposta para a adjudicación del proyecto documental sobre la memoria histórica de Poio.

  • COLECCIÓN DOCUMENTAL MEMORIA HISTÓRICA

    ES.GA.36038.ADPO.28

    O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra ten un dobre obxectivo: *Recuperar a memoria silenciada polo golpe de Estado de 1936 desde unha perspectiva de clase, país e xénero, retomando a identidade colectiva a través da historia de persoas e organismos que traballaron por unha sociedade máis igualitaria e que viron o seu soño truncado polo fascismo. *Loitar contra a impunidade do réxime franquista, apoiando e adoptando canta medida estea ao noso alcance para recoñecer e reparar a memoria das vítimas do 36, da ditadura franquista e dos anos da transición. Para iso, o departamento realizará tarefas de investigación, asesoramento, divulgación e homenaxe encamiñadas á procura da verdade, á xustiza, á reparación e á garantía de non repetición. Nesta liña de actuación ponse en marcha esta COLECCIÓN DOCUMENTAL MEMORIA HISTÓRICA destinada a organización e descrición daquelas achegas documentais, en calquera soporte, referidas ao tema e a o periodo concreto e que se poidan ir recuperando por calquera fórmula ou procedemento. Iníciase a colección cun depósito gratuito de documentos pertencentes a José Manuel Rodríguez Fernández, que fora director da prisión provincial de Pontevedra e do campo de concentración de Figueirido, cedido gratuitamente polo anticuario pontevedrés Rogelio Torres Hermida (Numismática Sarmiento). Ten continuidade no Proxecto Cae de caixón" e no depósito, entre outros, de documentos diversos feito por Manuel Reboiras.

    Deputación de Pontevedra

  • José Manuel Rodríguez Fernández

    1

    José Manuel Rodríguez Fernández