Cólera
Expediente relativo ao cumprimento da Real Orde do 22 de xullo de 1848 para previr o contaxio do cólera
449/61
Expediente sobre das medidas levadas a cabo para cumprir a Real Orde do 22 de xullo de 1848 co fin de previr e prepararse para evitar o contaxio do cólera morbo. Nos documentos fálase da "Memoria extractada" realizada polo médico especialista da Xunta pero a devandita memoria non está no expediente.
Expediente relativo a proposta de uso do Colexio dos Xesuitas de Pontevedra como Hospital para enfermos de cólera
443/22
A Xunta provincial de Beneficencia e Saude pública propón que se destine o Colexio dos Pais Xesuitas da cidade de Pontevedra para facer un Hospital para recoller a xente pobre no caso dunha epidemia de colera.
Comunicación do Gobernador Civil de Sevilla informando sobre casos de cólera morbo asiática
478/35
Comunicación do Gobernador Civil de Sevilla informando sobre casos de cólera morbo asiática.
Expediente da Xunta Superior de Sanidade de Galicia. Instrucións sobre o cólera morbo (1819)
24.267/3
Publicación da Xunta Superior de Sanidade da Provincia de Galicia sobre instrucións aprobadas e medidas a tomar para a prevención do cólera morbo. Impreso. 4 follas, s.d. [c.a. 1850]
Expediente instruído contra Ramón Abeleira en relación co cólera morbo (1834-1843)
451/1
Expediente instruido contra Ramón Abeleira en relación co socorro dos pobos da provincia no caso de ser afectados polo cólera morbo. Data: 1834-1843
Correspondencia co Secretario de Estado en referencia ao cólera (1837)
443/61
Correspondencia do Secretario de Estado e ó Despacho do Ministerio da Gobernación da Península, no que informa das medidas tomadas ante o aviso dende Madrid da existencia do cólera no porto de Marsella. Data: 1837
Comunicación da Xunta Municipal de Sanidade de Marín ao Goberno Civil sobre as medidas preventivas contra o cólera (1856)
478/28
Comunicación da Xunta Municipal de Sanidad de Marín ao Gobernador Civil sobre as medidas tomadas para evitar o cólera. Data: 1856
Expediente da Xunta Municipal de Sanidade de Baiona. Comunicación ao Goberno Civil sobre medidas preventivas contra o cólera (1856)
478/29
Comunicación da Xunta Municipal de Sanidade de Baiona ao Gobernador Civil sobre as medidas tomadas para evitar a epidemia do cólera morbo de 1856.
Expediente da Xunta Municipal de Sanidade de Carril. Solicitude realizada por Benigno López Sanmartín da cruz de epidemias polo seu traballo durante a vaga cólera realizada por Benigno López Sanmartín
478/38
Comunicación de Benigno López Sanmartín, membro da Xunta de Sanidade de Carril (Vilagarcia) solicitando a cruz de epidemias polo seu traballo durente a pasada epidemia de cólera.
Expediente de proposta de subvención dos gastos que poida ocasionar o cólera (1849)
24.267/10
Expediente de proposta de arbitrios do concello de Pontevedra sobre subvención aos gastos que poida ocasionar o cólera. Data: 1849
Expediente relativo á información de que buques portugueses sáltanse a corentena
449/64
O expediente é relativo ó traslado da información de que buques portugueses que veñen do porto de Cork (afectado polo cólera) saltan a corentena. Os documentos mencionan que a devandita información foi proporcionada á Xunta de Sanidade de Vigo polo Consul Portugués, e esta Xunta fai traslado da información á Xunta provincial, e ésta ó ministerio.
Expediente sobre instrucións para control do cólera
8.290/7
Expediente sobre instrucións para control do cólera, 1970 - 1979.
Solicitude do alcalde da Estrada para a devolución das contribucións relativas ao cólera
24.267/11
O Alcalde da Estrada solicita autorización para devolver aos contribuíntes o repartido para o caso do cólera morbo. Data: 1850
Solicitudes e informes sobre gratificacións a médicos que prestan servizo durante a pandemia de cólera (1854-1856)
24.267/14
>Solicitudes e informes sobre gratificacións a médicos que prestan servizo durante a pandemia de cólera. 1854-1856
Correspondencia co xefe político sobre fondos para cubrir as necesidades que puidera causar o cólera morbo (1836)
1.010/6
> Contestacións ao Xefe Político para poñer a disposición de S.E. os fondos procedentes dos 20.000 reais dispensados a esta provincia para suplir as necesidades que puidera causar o cólera morbo, 1836.
Expediente relativo á corentena na raia con Portugal por mor da epidemia de cólera (1834)
443/23
A Xunta de Sanidade de Tui consulta varias dúbidas relativas a corentena que está imposta na área raiana con motivo da epidemia de colera xurdida en Lisboa e outras áreas de Portugal.
Expediente relativo á falsa información da aparición do cólera en Barcelona
449/50
O expediente é relativo ás aclaracións que fai o Xefe Político de Barcelona o manifestar que a información sobre a presencia do cólera na sua capital é falsa. Aparte de incluir a propia misiva do dirixente de Barcelona incluese a documentación que ordea a publicación do verdadeiro estado da cidade no BOP, e asegurase que esto foi feito no Boletín nº137.
Expediente relativo á información de que xurdiu o cólera en Londres
449/67
O expediente é relativo ó traslado de información recibida polo Xefe civil de Vigo do Consul de España en Londres, de que en dita cidade presentouse o cólera.
Expediente relativo á normativa de obrigado cumprimento no aspecto sanitario por mor do cólera
443/25
Expediente remitido pola Xunta Superior de Sanidade de Galicia da Coruña que impón unha serie de normas novas para a súa aplicación con respecto á epidemia de cólera do país. As normas inclúen a desaparición dos cordóns sanitarios de nula eficacia e establecen novas precaucións. >consta dos exemplares do bando impresos. Data: 1834
Correspondencia da Contaduria do Ministerio de Gobernación sobre cobro de pensións do persoal sanitario que atendeu a pandemia do cólera (1836)
443/33
Correspondencia da Contaduria do Ministerio de Gobernación co Xefe Político de Pontevedra en referencia a satisfación das pensións que lle corresponden ós que prestaron servizos no tempo do cólera. Data: 1836
Expediente da petición dun médico para que se informe da súa actuación contra o cólera no ano 1833 en Vigo
443/56
Expediente de petición do médico Nicolás Taboada que solicita que se informe sobre a súa actuación no tratamento dos enfermos do cólera en Vigo, pois non está capacitado para exercer o seu traballo por enfermedad que padece. Inclúe a desestimación da petición. Data: 1835
Expediente relativo á epidemia de cólera xurdida en Albeos e listado de médicos por partidos xudiciais (1835)
443/57
Expediente relativo á epidemia de cólera que xurde na Freguesía de Albeos e arredores. > A Xunta de Sanidade provincial ordena que se lle informe de tódolos médicos e cirurxáns disponibles nos distintos partidos xudiciais e se lles avisa (ós concellos) de que se preparen para a chegada da enfermidade. >Listado de médicos por partidos xudiciais. >Informe histórico da enfermedade enviado ao Goberno Civil, asinado por Manuel Feijoo. Albeos, 5 de setembro de 1835
Expediente da Xunta Superior de Sanidade de Galicia. Normas e medidas preventivas a tomar ante o cólera morbo (1833-1834)
24.267/6
-Bando impreso da Xunta Superior de Sanidade de Galicia publicando normas para previr o cólera morbo. -[ copia e Transcripción ] da Real Orde remitida polo Xulgado da Xurisdición de Tabeirós, desde a Xunta Municipal de Sanidade de Santiago, para que as autoridades competentes tomen medidas ante o perigo do cólera que afecta ao Reino de Portugal. 1833, xullo
Expediente sobre a epidemia de cólera na provincia (1854-1855)
24.267/13
Expediente sobre a epidemia de cólera de 1854-1855 -R.O. sobre visitas domiciarias. 1854, febreiro, 1 -comunicacións dos concellos sobre o grado de afectación da epidemia solicitando axudas económicas para socorrer ós afectados, calear as casas... Datas: 1854-1855