Eliminación de residuos
Estudio sobre dotación da rede de saneamento e formigonado do chan do refuxio de animais abandonados. Mancomunidade de Concellos do Morrazo (2005)
85/10
Estudio proxecto de dotación da rede de saneamento e formigonado do refuxio de animais abandonados, canceira, protectora do Morrazo conveniada coa Mancomunidade de Concellos sita no lugar de Broullón, concello de Moaña (Pontevedra), moi preto da Cruz con Cela (Bueu), elaborado por Tecode Galicia, S.A.L. Orzamento : 29.666,88 euros Non consta tramitación administrativa
Plan Provincial Director de Residuos Sólidos Urbanos (1982)
212/1.15
Plan Provincial Director de Residuos Sólidos Urbanos. a) Cuestionario sobre a recollida, transporte e eliminación de residuos sólidos urbanos e industriais no municipio. b) Ídem do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. Dirección Xeral do Medio Ambiente.
Expediente do requerimento ao Concello de Dozón por parte de Augas de Galicia de adopción de medidas por verquido en Pidre
970/7
Expediente do requerimento ao Concello de Dozón por pare de Augas de Galicia de adopción de medidas por verquido de residuos sólidos urbáns en Pidre.