Dezmo
Escritura pública notarial de poder de José Pazos de Porvén á procuradores para defender o dereito a percibir pola Igrexa o dezmo de peixe (1811)
4.639/71
Escritura pública notarial outorgada o 9 de setembro de 1811 de poder de José Pazos de Porvén, cura reitor de Bueu á procuradores para defender o dereito a percibir por parte da Igrexa o dezmo de peixe (en especie ou en cartos) correspondente da pesca a razón de catorce a un. Deixárase de pagar pola oposición dalgúns dos fabricantes de sardiña, fomentadores durante os anos 1789 /1793. Entre eles, Nicolás Domenech, Salvador Gil, Francisco Pascual, Félix Ricart e Cristóbal Domenech. Escribán: Pascual de Juncal, residente en Meiro (Bueu)
Escritura pública notarial de arrendamento dos dezmos do curato de Beluso por José Antonio de la Sierra y Arce a favor de José Fraradás y Vila (1827)
4.639/105
Escritura pública notarial outorgada o 2 de novembro de 1827 de arrendamento dos dezmos do curato de Beluso por parte de José Antonio de la Sierra y Arce, cura de Ardán e albacea testamentario do reitor de Beluso, Benito Mondragón ( + 2 de outubro de 1827), a favor de José Fraradás y Vila Escribán: Juan Antonio Carrera
Escritura pública notarial de obriga e fianza constituída por Francisco Fernández e consorte por arrendo dos medios dezmos de Santa María de Beluso
4.639/107
Escritura pública notarial outorgada o 18 de agosto de 1828 de obriga e fianza constituída por Francisco Fernández e consorte por arrendo dos medios dezmos do curato de Santa María de Beluso. Vendía o abade de Ardán, José Abntonio de la Pereira. Escribán: Juan Antonio Carrera
Escritura pública notarial de poder de Nicolás Domenech como apoderado de Francisco Pascual e outros para que os defenda dun preito polos dezmos
4.640/4
Escritura pública notarial outorgada o 9 de xullo de 1812 de poder ditado por Nicolás Domenech como apoderado de Francisco Pascual, veciño de Vigo, Salvador Gil, de Bueu e Félix Ricart, natural de Vilanova de Geltrú e veciño de Bueu para que os defenda dun preito polos dezmos de pesca contra Pedro Piñeiro de Ardán, como arrendatario dos froitos dezmais da parroquia de Bueu e recorra en contra dun auto da Audiencia que dita que tiñan que pagalos dezmos por ser de costume ... Escribán: Benito Antonio García Guardado
Escritura pública notarial de poder do párroco Manuel Fernández Ramos e outros contra os veciños da freguesía por negarse a pagar os dezmos (1827)
4.639/106
Escritura pública notarial outorgada o 20 de novembro de 1827 de poder do párroco de Santa María de Cela, Manuel Fernández Ramos con José Antonio e Vicente Beloso contra os veciños da freguesía por negarse a pagar os dezmos. Escribán: Juan Antonio Carrera
Escritura pública notarial de poder de Nicolás Domenech e outros a favor de Manuel García para que solicite a revogación dun Auto sobre o dezmo (1813)
4.640/5
Escritura pública notarial outorgada o 24 de agosto de 1813 de poder ditado por Nicolás Domenech e consortes, Salvador Gil, Félix Ricart, residentes en Bueu e Francisco Pascual, veciño do porto de Vigo, fomentadores de salgadura e pesca na Praia de Bueu a favor de Manuel García, procurador na Audiencia para que solicite a revogación do Auto mandado pola Audiencia que lles manda pagalo devandito dezmo de pesca ou mar pola costume a Pedro Piñeiro de Ardán como arrendatario e a José Pazos Probén, cura reitor de Bueu. Escribán: Benito Antonio García Guardado
Escritura pública notarial de arrendamento de dezmos do mar por José Pazos de Provén, reitor de Bueu a favor de Nicolás Domench (1811)
4.639/72
Escritura pública notarial outorgada o 1 de novembro de 1811 de arrendamento de dezmos do mar por parte de José Pazos de Provén, reitor de Bueu a favor de Nicolás Domench, veciño de Bueu Escribán: Pascual de Juncal, residente en Meiro (Bueu)
Escritura pública notarial de poder dictado por Cristóbal Domenech ao procurador en tribunais para preitear polos pagamentos de dezmos de pesca
4.640/2
Escritura pública notarial outorgada o 16 de setembro de 1811 de poder dictado por don Cristóbal Domenech, veciño do porto de Marín e administrador dunha casa con fábrica de sardiña da que se beneficia como fomentador de pesca e que ante a petición de pagamentos de dezmos de pesca por parte de Pedro Piñeiro de Ardán, dá poderes ao procurador en tribunais para preitear. Escribán: Benito Antonio García Guardado
Expediente de solicitude de indemnización da parte de décimos na parroquia de Santiago de Anseán (Lalín)
1.157/63
Xunta de Calificación de Títulos de Participación en Décimos > Prudencio Pita Pizarro solicita unha indemnización da parte de décimos que a súa casa percibira na parroquia de Santiago de Anseán, pertencente á xurisdición de Deza, Concello de Lalín.
Escritura pública notarial de poder efectuado por Andrés Pérez Lapido para preitear en defensa dos dezmos da mar aos procuradores (1828)
4.639/108
Escritura pública notarial outorgada o 10 de setembro de 1828 de poder efectuado por Andrés Pérez Lapido, cura reitor da parroquia de San Martiño de Bueu, para preitear en defensa de percibimento dos dezmos da mar, dos mariñeiros pescadores das praias de Bueu onde teñen as súas fábricas (dezmo de todo o pescado), aos procuradores diante da Real Auidiencia de Galicia. Escribán: Juan Antonio Carrera