Imposto sobre dereitos reais e transmisións de bens
Escritura de compra do terreo "Agro de Angueira" en San Pedro de Lantaño de Juan Francisco Gándara Souto a José María Rodríguez Lemos (1898)
44.419/22
1 - Escritura de compravenda outorgada por José María Rodríguez a favor de Juan Francisco Gándara Souto para a adquisición do "Agro de Angueira" no lugar de Rabuñade. Ante notario José Barreiro Meiro. (30/12/1898) 2 - Xustificante de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais a nome de José María Rodríguez Lemos pola compra de terreos a Dolores Souto en Godos e Lantaño. (31/12/1898) 3 - Xustificante de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais a nome de Juan F. Gándara Souto pola compra do terreo "Agro de Angueira". (18/01/1899) 4 - Factura do notario José Barreiro Meiro, emitida a nome de Juan Francisco Gándara Souto, por un total de 173,10 pesetas. (29/01/1899) 5 - Relación dos terreos propiedade de Dolores Souto Rodríguez na parroquia de Lantaño. (s.d.)
Familia Gándara (PORTAS)
Pagamentos de dereitos reais por transaccións de inmobles (1930-1938)
327/37
Pagamentos de dereitos reais por transaccións de inmobles
Xustificante de notificación a nome de Luis Gándara Gómez para o pagamento do imposto por transmisión de Manuel Gándara Gómez (1988)
44.419/7
Xustificante de notificación a nome de Luis Gándara Gómez para o pagamento do Imposto Xeral sobre Transmisións Patrimoniais; por transmisión de Manuel Gándara Gómez "e outros" de bens inmobles en Lantaño. ((07/10/1988)
Familia Gándara (PORTAS)
Recurso e petición de desestimación na liquidación do imposto de transmisións presentado por Luis Gándara Gómez (1990)
44.419/9
1 - Luis Gándara Gómez presenta á delegación da Consellería de Economía en Pontevedra un escrito de recurso de reposición contra un cobro do Imposto de Transmisións (30/07/1990). 2 - Luis Gándara presenta un escrito á mesma delegación polo que desiste no indicado recurso de reposición (02/08/1990). 3 - Anotacións e contas de carácter persoal sobre os valores catastrais de diversas propiedades e a porcentaxe correspondente en impostos (s.d.).
Familia Gándara (PORTAS)
Documentos dos irmáns Gándara Gómez sobre a liquidación patrimonial por falecemento da súa nai Carmen Gómez Rivas (1948)
44.419/5
1 - Solicitude presentada por Luis Gándara, no seu nome e dos seus irmáns, e dirixida á Oficina liquidadora do Imposto de Dereitos Reais para a realización da liquidación do imposto resultante do falecemento da súa nai, Carmen Gómez Rivas. (08/03/1948) Acompañan: 2 - Solicitude dos irmáns Gándara Gómez ao rexistro da propiedade en Cambados para a liquidación definitiva dos impostos por transmisión patrimonial. Inclúe inventario valorado dos bens de Carmen Gómez Rivas. (21/11/1947) 3 - Xustificantes de pagamento de Dereitos Reais na Facenda Pública para Fernando Gándara. (10/02/1948) 4 - Xustificantes de pagamento do Imposto sobre Dereitos Reais e Transmisión de Bens correspondentes aos catro irmáns. (21/05/1948)
Familia Gándara (PORTAS)
Documentación sobre ao pagamento por Manuel Gándara Gómez do imposto por transmisións patrimoniais (1979-1981)
44.419/8
1 - Talón de cargo do Imposto Xeral sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados para Manuel Gándara Gómez pola transmisión de inmobles. (21/11/1979) 2 - Nota aclaratoria sobre o talón de cargo. (16/09/1981)
Compra polos irmáns Gándara Gómez de dous inmobles en Vilagarcía de Arousa (1939-1973)
44.417/16
1939-1973 (Produción)
Escrituras relacionadas con dous inmobles en Vilagarcía de Arousa, polas que os irmáns Gándara Gómez primeiro mercan a terceiros, e poteriormente venden entre si. O expediente inclúe: 1 - Escritura de compravenda outorgada por Celsa Gómez Rivas a favor de Fernando, Juan-José, Luis e Manuel Gándara Gómez. Ante notario Pedro Castiñeiras y Teijieiro. (20/08/1939) 2 - Acompaña ao anterior xustificante do pagamento dos Dereitos Reais. (24/09/1939) 3 - Escritura de compravenda outorgada por Agustín Gómez Larea a favor de Fernando, Luis e Manuel Gándara Gómez. Ante notario Alberto Barreras López. (21/12/1961) 4 - Acompaña ao anterior xustificante do pagamento do Imposto Xeral Sobre Transmisións Patrimoniais (02/03/1962) Un exemplar por cada irmán. 5 - Escritura privada de compravenda. Fernando Gándara Gómez vende, a favor do seu irmán Manuel Gándara Gómez, a súa parte en dúas vivendas sitas en Vilagarcía de Arousa. (17/12/1972) Orixinal e copia simple 6 - Escritura privada de compravenda. Fernando Gándara Gómez vende, a favor do seu irmán Luis Gándara Gómez, a súa parte nunha vivenda sitas en Vilagarcía de Arousa. (21/12/1972) Con copia autorizada. 7 - Acompaña ao anterior xustificante do pagamento do Imposto Xeral Sobre Transmisións Patrimoniais (07/02/1973) Con copia autorizada.
Familia Gándara (PORTAS)
Venda de terreos de Manuel Gándara Gómez a Manuel Seoane Carballo (2003)
44.417/37
1 - Documento privado de compra-venda outorgado por Manuel Gándara Gómez a favor de Manuel Seoane Carballo e Dolores Fernández Paz. Fincas "Codeseda" e "Viña do Monte". (21/11/2003) 2 - Xustificante de pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais. (10/12/2003)
Familia Gándara (PORTAS)