Bértola
Documentación de montes (1898-1931)
974/4
Documentos sobre montes. Contén: 1898-1899: Autorización ao Concello para que os veciños de Bértola e Figueirido aproveiten os montes locais. 1899: Acta de recoñecemento das canteiras do Ulla e acordos tomados para evitar desperfectos no monte. 1900: Iniciación das liñas divisorias sobre os montes públicos de Santa Cristina para o seu aproveitamento. 1906: Entrega de montes para aproveitamento de pastos e esquilmes. 1908: Información sobre a pertenza do Campo das Bouzas (Paredes) ao Concello como ben comunal. 1909: Acta da comisión do Concello encargada de inspeccionar as excavacións e roturas de rocas do monte penduradas para ver se os traballos se fan correctamente. 1910: Acta de entrega do Concello do aproveitamento de caza do monte Sabaxáns na parroquia de Bértola. 1931: Actas de recoñecemento de montes: - Monte común e Chan de Castiñeira da parroquia de Vilaboa. - Monte de San Adrián da parroquia de San Adrián. - Monte Aros, Chan da Castiñeira e Coto Redondo, Cabalos e Cabreira da parroquia de Santa Cristina. - Monte Figueirido da parroquia de Figueirido. 1931: Acta de recoñecemento para o acoutamento dos montes denominados Beira Aguda, Ramallal e Laxe Pintor da parroquia de San Adrián.
Expediente de reclamación en relación á parcela onde se encontra sito o bar Os Abetos realizada pola Comunidade de Montes de Bértola (2000-2001)
1.475/7
Reclamación de cantidade ó Concello por parte da Comunidade de Montes de Bértola en relación a parcela onde se encontra situado o Bar Os Abetos, propiedade de Eladio Fernández Sobral. 15-04-05.
Expediente de devolución de fianza a favor de Aquagest SA por diversas obras (2012)
19.390/11
Servizo de Contratación Expediente de devolucións de fianzas, constituidas no ano 2011 a AQUAGEST PROMOCIÓN TÉCNICA Y FINANCIERA DE ABASTECIMIENTO DE AGUA S. A por obras: Na EP.0001 Bertola a Canicouva-Pontesampaio, nº201100087311, por importe de 6.000€. RP.2883 do 8-03-2013 Rede de sumidoiros na parroquia de Verducido na EP.0018 Xeve-Amil Espedregueira, nº201100066373, por importe de 30.000,00€. RP. 3011 do 11-03-2013 Data:2011- 2013
Expedientes de contratación de Reasfaltado de pistas municipais en Bértola, Santa Cristina e Vilaboa adxudicada a COVSA (2011)
35.642/1
Servizo de Contratación. Plan de Investimentos PID 2009-2011. nº 2009002452. Concello de Vilaboa - Expediente de contratación por PNSP da obra: Reasfaltado de pistas municipais en Bértola, Santa Cristina e Vilaboa. >Adxudicación por Resolución Presidencial nº 5.816 de 13-04-2011 a COVSA por 139.602,19 €. >Devolución de garantías por Xunta de Goberno de 30-11-2012, 5.915,35 €. Datas: 2011- 2012.
Expediente de devolución de fianza a favor de Construcciones D. Casas por obras de reparación de camiños veciñais. Vixésimo segundo lote (1976)
10.874/11
Expediente devolución de fianza a favor de Construcciones D. Casas para responder das obras de camiños veciñais do lote nº 22 do presuposto extraordinario - ordinario R: > Sobreira a Pazos. > Ramalleira á igrexa de Bértola. Ano 1976
Plan de Cooperación Provincial. Concello de Vilaboa (1959-1960)
2.258/9
Expediente pertencente ao Plan Bienal de Cooperación provincial de 1959 - 1960. Concello de Vilaboa. > Electrificación da parroquia de Bértola. > Electrificación de San Martín (Postemirón e A Graña)
Expediente de contratación de Reasfaltado de pistas municipais en Bertola, Figueirido e Santa Cristina, VIlaboa, adxudicada a COVSA (2010)
35.641/4
Servizo de Contratación. Plan de Investimentos PID 2009-2011. nº 2009002450. Concello de Vilaboa - Expediente de contratación por PNSP da obra: Reasfaltado de pistas municipais en Bertola, Figueirido e Santa Cristina. >Adxudicación por Resolución Presidencial nº 12.476 de 16-09-2010 a COVSA por 173.165,02 €. >Devolución de garantías por Xunta de Goberno de 30-11-2012, 7.337,50 €. Datas: 2010- 2012.
Expediente de poxa das obras da sección 1 da pavimentación da estrada de Pontevedra a Camposancos por Bertola e Tomeza, perfís 1-22
7.698/11
Expediente de poxa das obras da "primeira sección da pavimentación con taco en formigón da estrada de Pontevedra a Camposancos por Bertola e Tomeza á mesma estrada, perfís 1 ao 22" Adxudicado a: Construcciones Crespo S. A. 1963.
Expediente de desafectación de edificios escolares en Bértola para ser destinados a fins sociais ou culturais (1977-1990)
132/2
Expediente de desafectación de edificios escolares, para destinalos a fins sociais o culturais en Bértola.
Expediente de permuta duns terreos en Bértola para construción de campo de deportes (1980)
135/10
Permuta de terreos coa igrexa para construción de campo de deportes en Bértola.
Expediente de cesión dun sobrante de vía pública en Bértola a favor de José Soutelo Dios e Emilia Palleiro para entrada (1973)
134/10
Solicitude de sobrante de vía pública en Bértola para entrada de José Soutelo Dios e Emilia Palleiro.
Expediente de deslindes parciais dos montes dos montes de Bértola e Figueirido (2004)
1.475/6
Solicitude da Consellería de Medio Ambiente ó Concello das direccións dos colindantes aos montes de man común das parroquias de Bértola e Figueirido para iniciar os deslindes parciais dos montes de Bértola e Figueirido. 05-04-05.