Riomao (Lavadores)
Expediente de denuncia interposta contra Santiago López Guerra por vertedura de residuos nas augas do lavadoiro de Redomeira – Riomao (1939-1940)
19/3
Expediente de denuncia interposta contra Santiago López Guerra por vertedura de residuos nas augas do lavadoiro de Redomeira – Riomao. Contén: > Correspondencia da Alcaldía de Lavadores con Santiago López Guerra, dono da fábrica de curtidos do barrio de Casal, trasladando denuncia dos veciños polas verteduras de residuos; > Acordo da Comisión Xestora instando ao denunciado paralice as verteduras. Ano: 1939-1940
Expediente de arrendamento dun local para a escola de nenas de Riomao – Triunfo a favor do Concello (1936)
9/13
Expediente de arrendamento dun local propiedade de Carmen Alonso Doural para a escola de nenas de Riomao – Triunfo. Contén: > Instancia de Carmen Alonso Doural na que ofrece o seu local para arrendar; > Informes e acordos; > Petición da Inspección de 1ª Ensinanza dun bocexo do local; > Petición ao Alcalde; > Bocexo da planta da casa núm. 30 da Rúa do Triunfo na que se desexa instalar a escola; > Contrato provisional e definitivo de arrendamento; > Correspondencia da Sesión que se informa da fin das obras no local. Ano: 1936
Expediente de arrendamento dun local para a escola de nenas de Riomao a favor do Concello (1935-1936)
9/11
Expediente de arrendamento dun local propiedade de Sebastián González para a escola de nenas de Riomao a favor do Concello. Contén: > Instancia de Sebastián González solicitando unha visita ao local; > Acordo do Concello; > Informe da Comisión de Ensinanza; > Correspondencia do Consello Local de Ensinanza; > Correspondencia da Inspección de 1ª Ensinanza; > Comunicación do prezo do alugueiro. Anos: 1935-1936