Guixar
Expediente de obras de empedrado da calella e camiño da praia de Guixar
13/21
Proxecto de empedrado da calella e do camiño da praia de Guixar. Contén: > Plano do empedrado e plano do perfil lonxitudinal e transversal; > Proposición da comisión; > Orzamento. Sen data
Expediente de proxecto de muro en Guixar-Teis
13/20
Proxecto de muralla en Guixar-Teis. Só contén planos. Sen data.
Proxecto de construción dun muro en Guixar
13/19
Plano e novo proxecto de construción dun muro en Guixar. Perito agrónomo: Cástor Míguez. Só contén plano topográfico da praia e areal de Guixar, novo proxecto de construción dun muro ao camiño veciñal e resistencia ao crecemento de elevadas mareas. Sen data.
Proxecto de aliñamento dun tramo do Camiño de Guixar (1895)
9/31
Plano e informe do novo proxecto de aliñamento dun tramo do camiño veciñal de Guixar, polo perito agrónomo oficial deste Partido, Castor Míguez Lage. Ano: 1895.
Expediente de obras de construción da rede de sumidoiros dun tramo do camiño dende a praia de Guixar ao Toural (1908)
15/6
Proxecto de rede de sumidoiros e arranxo dun tramo do camiño dende a praia de Guixar ó Toural da parroquia de Teis. Contén: > Certificados, providencias e dilixencias; > Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 239 do martes 27 de outubro de 1908; > Memoria; > Plano do tramo de camiño que dende o desemboque na praia de Guixar enlaza co de Toural; > Prego de condicións; > Orzamento. Ano: 1908