Cabana de Bergantiños
Testamento de José Espinosa, home de María de la Concepción Ozores, a favor das irmáns do marido e outros testamentos (1790-1803)
134/38
Morgado de Luaces. > Atado de varios testamentos. Testamento de José Espinosa, home de María de la Concepción Ozores a favor das irmáns do marido. Cunha copia o principio. > Testamento de María de la Concepción Ozores, viúva do Mariscal de Campo Alonso Villafánez polo cal cede certos obxetos da parroquia de Pedro da cidade de Zamora. Dous reloxos a Juan Ozores Balderrama e outro a Jose Ozores, outros bens as súas sobriñas. E como herdeiro universal nomea a Joseph Ozores. > Novo testamento da María da Concepción Ozores na freguesía de San Martiño de Canduas, na que ratifica o anterior a excepción da parte que deixaba as sobriñas, e deixa novas propiedades o seu irmán e o seu sobriño. > Real cedula polo que se autoriza a Alonso Villafánez a deixar en propiedade a María da Concepción Ozores varias propiedades. Datas: 1790, 1819, 1820, 1803. Ante: Domingo Antonio Vázquez. Francisco Xavier Gandara. Froilan Antonio de Eira Nova. Miguel Tomillo Ballesteros. Freguesía: San Martiño de Canduás. Concello: Cabana de Bergantiños. Provincia: A Coruña.
Arrendamento outorgado por Bernardo de Luaces a favor de Juan Landeira, do lugar coñecido como Castrillón (1618)
189/13
Morgado de Luaces > Arrendamento outorgado por Bernardo de Luaces a favor de Juan Landeira, do lugar coñecido como Castrillón; por tempo de 9 anos e unha renda anual de 18 rapadas de trigo e un par de galiñas. Data: 1618, 12, 07. Ante: Domingo Ruzo. Freguesía: San Pedro de Nantón. Concello: Cabana de Bergantiños. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Vicente de Nantón].
Escritura de compromiso outorgada entre Urraca Rodríguez de Moscoso e os seus fillos en razón coa partilla dos seus bens
1.236/12
Casa de Nebra: Escritura de compromiso outorgada entre Dª Urraca Rodríguez de Moscoso, viúva de D. Lope Bermúdez, e os seus fillos, en razón coa partilla dos seus bens, sobre os que tiñan preito na Real Audiencia de Galicia, polo cal acordaron que, dos devanditos bens elevase o terzo e quinto Rodrigo de Soneira, como fillo maior, además da súa lexítima, segundo o testamento de seu pai, e que, dos demais se fixese partilla e levase cada un dos sete irmáns restantes a súa séptima parte, botándose a sortes, xunto coa súa lexítima. 1551, maio, 19. S. Pedro de Silvarredonda [A Coruña. Cabana].
Convenio entre Rui Soneira de Riobó e Juan Caamaño, marido de Teresa González, para o pagamento tras a demanda que lle puxera polo impago da dote
150/2
Morgado de Cereixo e Noia > Convenio entre Rui Soneira de Riobó, Señor da Casa da Penela e Montemaior, e Juan Caamaño, marido de Teresa González, filla de Rui) para o pagamento en cada un ano de 20 cargas de pan (15 de trigo e 5 de centeo), tras a demanda que lle puxera polo impago da dote da dita Teresa. > Carta de anulación do poder que poder que fora outorgado por Rui Soneira de Riobó a favor de Francisco Pérez, para que seguise o preito con Rui Pérez Bermúdez de Castro e Martín de Leis sobre os bens que fincaran do seu irmán, Antonio Gómez de Guisamonde. Data: 1577, 08, 06. Ante: Fernán Núñez > Memorial dos bens que fincaron de Xil de Riobó e Teresa Bermúdez e que pertencen a Xil de Figueroa e ás suas irmáns, ademáis de a Antonio González, o sobriño destes. Este foi dado a raíz da demanda que lles presentou Rui Pérez da Costa. - - Data: 1603, 03, 27. Ante: Rodrigo Viqueira. Freguesía: San Pedro de Silvarredonda, San Xián de Langueirón. Concello: Cabana de Bergantiños, Ponteceso. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: Cereixo. "Escrituras de esponsais e dotes"].