Coristanco
Preito de Domingo Pequeño e Dominga García, pola casa en que vivían (1650)
60/41
Morgado de ¿Vilardefrancos? > Preito de Domingo Pequeño e Dominga García, viúva de Andres de Bran...., veciños de Oca, pola casa en que vivían. Data: 1650, 9, 26. Xaviña. Ante: Sebastián de Soto. Freguesía: . Concello: Coristanco. Provincia: A Coruña.
Referencia a unha compulsoria do lugar de Teixoeira, xunto cun instrumento de convenio
202/31
Morgado de Muíño > Referencia a unha compulsoria do lugar de Teixoeira, xunto cun instrumento de convenio asinado en 1663. Inclúe a relación de leiras e agros. Data: S/D. Ante: Juan Fernández Freguesía: Santa María de Ferreira. Concello: Coristanco. Provincia: A Coruña [Documentos relativos ao vínculo de Muíño (pertencente á familia Romero-Pazos), e que xunto co vínculo de Loureiro e Armeade, se unirán ao Morgado de Rial e posteriormente ao de Rubiáns, mediante o matrimonio entre María Josefa de Calo y Romero (dona do Pazo de Muíño e Armeade) con Juan de la Cruz Ozores]
Arrendamento de Andrés de Abelenda a Juan García de Ferreiro e María Blanca, súa muller, dunha casa (1619)
60/29
Morgado de ¿Vilardefrancos? > Arrendamento de Andrés de Abelenda, veciño de Bazar, a Juan García de Ferreiro e María Blanca, súa muller, veciños de Xaviña, dunha casa no dito lugar. Data: 1619, 10, 23. Ferreiro, Xaviña. Ante: Sebastián de Soto. Freguesía: Xaviña. Concello: Coristanco. Provincia: A Coruña.
Documento no cal Juan Nuñez Pardo refírese ós bens e as lexítimas que o seu tío Gil Varela de Montenegro deixou o seu irmán Diego Suárez e a él
263/4
Rubiáns > Beneficio. Documento relatado en primeira persoa, no cal Juan Nuñez Pardo, fillo de Rodrigo de Carracedo, refírese ós bens e as lexítimas que o seu tío, o señor Gil Varela de Montenegro, deixou o seu irmán Diego Suárez e máis a él. Tamén afirma que o seu tío lle deixou o Beneficio de "Sine Cura", da parroquia de Santa María de Cereo. Data: 1580, Xaneiro, 28. (Freguesía de Santa María de Cereo). Concello de Coristanco. Provincia de Pontevedra.