Carnota
Venda de Fernán Méndez de Aro a Gómez Ares Coles de todas as herdades, casas e devesas, que lle pertencían por herdanza de Aldonza Perata en Vilar
142/43
Morgado de Cereixo > Escritura de venda pola cal, Fernán Méndez de Aro (fillo de Pedro García de Aro), vende a Gómez Ares Coles (en representación dos fillos menores de Rui Gómez de Aro); todas as herdades, casas e devesas, que lle pertencían por herdanza de Aldonza Perata (filla de Alfonso Perata); no lugar de Vilar (freguesía de Santa Comba de Carnota). Data: 1453, 12, 30 Ante: Juan Afán Maragata Freguesía: Santa Comba de Carnota. Concello: Carnota. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: "Parroquia de Santa Comba de Carnota"].
Testemuño dado por Antonio Durán y Vallejo en relación ao preito promovido por Pérez de Caamaño contra Antonio Mosquera e Soutomaior (1689)
139/23
Morgado de Aranda e Guimarei > Testemuño dado por Antonio Durán y Vallejo (veciño de Corcubión), en relación ao preito promovido por Pérez de Caamaño (en nome e como apoderado de Luis de Moscoso Osorio Hurtado de Mendoza Sandoval, conde de Altamira); contra Antonio Mosquera e Soutomaior; a raíz da recobración por parte do primeiro das brañas coñecidas como de Carrofeito, sitas en Santa Comba de Carnota. Data: 1689, 04, 14 Ante: Juan Bermúdez Santiso [Freguesía: Santa Comba de Carnota. Concello: Carnota. Provincia: A Coruña].